Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 2.277 noticias de la área temática Agricultura e gandería:

28/04/2026 | 12:08 | C. do Medio Rural

A Xunta prorroga as medidas preventivas diante da dermatose nodular contaxiosa para seguir protexendo a cabana bovina galega

A Consellería do Medio Rural publicará este mércores en DOG unha nova resolución pola que se prorrogarán as actuacións desde o 1 ata o 31 de maio, podendo ampliarse este prazo en función da evolución epidemiolóxica da doenza

27/04/2026 | 16:50 | C. do Medio Rural

Medio Rural aborda con diferentes entidades novas accións para a posta en valor e impulso do pan galego

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria reuniuse con representantes da asociación Prorural Galicia, da Confederación de Empresarios de Lugo, da Asociación Provincial de Fabricantes de Pan de Lugo, de Aresa, de Agronovo Ecoloxía e da cátedra do pan da Universidade de Santiago de Compostela

26/04/2026 | 11:21 | C. do Medio Rural

Alumnado do Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias da Xunta participa nunha actividade sobre prevención e extinción de incendios

A xornada dirixiuse a estudantes dos ciclos medios de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e o de Produción Agroecolóxica, e estivo impartida por integrantes da asociación Lugomadera

25/04/2026 | 10:18 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta o papel dos viveiros públicos na conservación e mantemento dos recursos forestais

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, visitou esta mesma semana as instalacións de viveiro da Falmega, situado no concello de Oroso

25/04/2026 | 10:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á ampliación dunha explotación de vacún en Ponteceso

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que as actuacións teñan efectos significativos adversos sobre a contorna sempre que se cumpra co fixado no propio informe ambiental e na documentación avaliada

24/04/2026 | 15:33 | C. do Medio Rural

María José Gómez afirma que o futuro de Galicia pasa por un medio rural con base produtiva, industria, calidade e estratexia polo que aposta a Xunta

Debulla un novo modelo de desenvolvemento fundamentado na innovación, a cooperación, a calidade e o territorio e reafirma que o rural galego é unha das principais bases do progreso económico de Galicia

24/04/2026 | 10:43 | C. do Medio Rural

Medio Rural convoca as achegas por 240.000 euros para favorecer a incorporación de novos agricultores a réximes de calidade

Estas axudas buscan cubrir os custes derivados desta incorporación durante os primeiros anos

23/04/2026 | 14:44 | C. do Medio Rural

Medio Rural demanda máis autonomía ante a nova PAC para que as rexións poidan adaptar os fondos europeos á realidade do seu territorio

Así o reclamou hoxe a conselleira María José Gómez na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural e no Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios