Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.065 novas da área temática Emerxencias e interior:

10/07/2026 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recibe o equipo que participou nas tarefas de busca e rescate tras os terremotos de Venezuela

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou a vocación de servizo, a preparación e a capacidade de resposta dos profesionais galegos en emerxencias internacionais

10/07/2026 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión técnica de Protección Civil homologa plans de emerxencia municipal e Plans de actuación municipal de varios concellos galegos

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe está xuntanza na que, entre outros asuntos, se aprobou a homologación dos Plans de emerxencia municipal de Padrón e Teo ou os plans de actuación municipal fronte a inundacións de Pontevedra, Pontecesures, Redondela e Ponteceso

08/07/2026 | 18:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incide na cooperación transfronteiriza como clave para reforzar a resposta ante as emerxencias

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe no Porto na clausura do programa Atempo, liderado pola Axencia Galega de Emerxencias

08/07/2026 | 16:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asiste á toma de posesión do novo xefe do Aeródromo Militar de Santiago

O Aeródromo Militar de Santiago desempeña un papel estratéxico durante a campaña de alto risco de incendios forestais ao acoller o despregamento dos medios aéreos  encargados das tarefas de extinción

08/07/2026 | 15:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
08/07/2026 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo destaca a axilidade da Xunta na activación dos recursos de emerxencia para atender as incidencias polas riadas do pasado 17 de xuño e na recuperación dos servizos e infraestruturas danados

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes lembra que o Goberno galego continúa a traballar cos concellos para establecer canles de colaboración cos que axudar a sufragar os gastos de reparación dos danos rexistrados 

07/07/2026 | 17:34 | C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa mañá mércores a alerta laranxa por episodio de calor na montaña de Lugo

Permanecerán en nivel amarelo as zonas isoclimáticas centro de Lugo e interior de Pontevedra

06/07/2026 | 17:37 | C. de Sanidade

A Xunta informa de que a situación causada polo episodio de calor mellora e mañá xa non haberá zonas en nivel laranxa nin vermello en Galicia

Mantense o nivel 1, amarelo, nas zonas isoclimáticas centro de Lugo, montaña de Lugo, noroeste de Ourense, montaña de Ourense e interior de Pontevedra

06/07/2026 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Manuel Pardo supervisa os traballos de desentullo que Xunta e Deputación están a desenvolver en Viana do Bolo

Manuel Pardo puido comprobar o estado avanzado dos traballos necesarios de cara a avanzar na recuperación dos servizos e das infraestruturas danadas e impulsar actuacións que permitan dar unha resposta áxil ás necesidades dos veciños e veciñas

05/07/2026 | 10:31 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda pon en valor a colaboración coa Garda Civil de Tráfico para optimizar a seguridade viaria e a resposta ante as emerxencias

O presidente da Xunta mantivo un encontro co coronel Antonio Hidalgo, xefe do sector de Tráfico da Garda Civil en Galicia