Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor a Medalla de Ouro de Canarias concedida á Casa de Galicia das Palmas
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao acto oficial do Día de Canarias no que a entidade galega viu recoñecida “décadas de esforzo, solidariedade e amor por Galicia e Canarias”
A Xunta destaca os lazos históricos entre Galicia e O Uruguai na inauguración en Santiago da exposición do xornalista e caricaturista Jaime Clara
Os secretarios xerais da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e da Lingua, Valentín García, participaron no acto no que tamén tomou parte o cónsul do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, xunto ao propio Jaime Clara
A Xunta reforza a súa colaboración co Consello da Cultura Galega para a realización de actividades relacionadas coa emigración
Cun financiamento por parte do Goberno autonómico de 50.000 euros, o Consello da Cultura Galega organizará neste 2026 exposicións ou publicacións sobre a emigración, ademais de avanzar na conservación de material documental
A Xunta destaca o labor do lar gallego de Sevilla na divulgación da tradición e da música popular galega
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou a sede do Lar Gallego de Sevilla e posteriormente asistirá ao concerto Xacobeo 27, un camiño pola cultura galega con motivo do 25 aniversario do grupo de gaitas deste centro
A Xunta pon en valor en Fisterra a emigración como parte da memoria colectiva e do ADN dun pobo que soubo levar Galicia polo mundo
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe nun acto de homenaxe á emigración organizado polo Concello de Fisterra, no que tamén tomou parte o alcalde, Luis Ínsua, e a concelleira de Cultura, Susana Rodríguez
Rueda apela á unión das comunidades do noroeste ante retos como as infraestruturas ou o modelo de financiamento autonómico
Lamenta que a AP-9 siga sendo unha das autoestradas coas peaxes máis altas e todos os atrasos acumulados no debate para a súa transferencia
A Xunta destaca o labor de acompañamento e apoio desenvolvido pola Oficina de retorno coa atención a máis de 1.500 familias na área de Vigo no 2025
González expón que esta atención contribúe a froitos na área viguesa como as preto de 120 achegas extraordinarias ao retorno concedidas ou os máis de 20 proxectos de autoemprego apoiados no 2025 a persoas retornadas