Actualidade
Buscador de novas
Sete empresas optan a participar no primeiro prototipo flotante que monitorizará a enerxía xerada polas ondas e correntes de Punta Langosteira
O proxecto Innomar, impulsado por Inega, ten un orzamento de 5,7 millóns de euros
Lorenzana destaca que máis dunha trintena de concellos se levan beneficiado das axudas da Xunta para a instalación de paneis fotovoltaicos
Esta liña de apoios para entidades locais de Galicia, entidades sen ánimo de lucro, e para pemes e autónomos, suma un orzamento de 12 M€ nas dúas últimas edicións
A Xunta destaca a importancia dos certificados de aforro enerxético no eido local
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participaron nunha xornada organizada polo Instituto Enerxético de Galicia sobre este asunto na última xornada das feiras ‘Expomunicipal 2026’ e ‘Enerxétika’
A Xunta sitúa á industria galega á vangarda da descarbonización de Europa na nova edición da feira Enerxétika 2026
O evento acolleu a segunda xornada sobre os Certificados de Aforro Enerxético (CAEs) e a celebración do VI Foro da Biomasa galega, no que participaron o director de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, e a directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro
A Xunta pon en valor a consolidación das feiras ‘Expomunicipal’ e ‘Enerxétika’ como o mellor escaparate das últimas innovacións para os servizos municipais e o sector enerxético
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración da dobre cita feiral que reúne desde hoxe ata o venres a profesionais, empresas e administracións para que intercambien experiencias e aproveiten as sinerxías que comparten os dous sectores
A Xunta presenta as novas edicións de ‘Expomunicipal 2026’ e ‘Enerxétika’ que achegarán solucións para prestar servizos municipais de calidade ás entidades locais e as últimas innovacións no ámbito da enerxía
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vilas, presentaron xunto co director da Fundación Semana Verde Galicia, Ricardo Durán, ambas feiras que se celebran esta semana no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda
Lorenzana subliña a preocupación do Goberno galego ante a incapacidade do Estado para desenvolver a rede eléctrica, fundamental para subministrar enerxía a proxectos clave para Galicia
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, se reuniu esta tarde co responsable da zona noroeste de UFD, con quen analizou o escenario enerxético da comunidade galega
A Xunta defende que Galicia está ante unha oportunidade histórica para ser un referente en materias primas críticas
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, clausurou hoxe unha xornada onde se presentou a sexta edición do congreso internacional Mining and Minerals Hall, que se celebrará en Sevilla do 20 ao 22 de outubro e no que Galicia será a comunidade convidada
Medio Rural reforzará os controis para vixiar a renovación de contratos do leite e reclama corresponsabilidade ás industrias no futuro do sector
Así o anunciou a conselleira tras unha reunión con UUAA para avaliar as contratacións que se van facer en vindeiros días nun contexto caracterizado pola entrada de excedentes de leite da UE a baixo prezo e unha suba dos custos de produción
Lorenzana defende a repotenciación obrigatoria fronte ao plan do goberno de subvencionala para “disimular” a baixa execución dos fondos europeos
“Os parques eólicos son rendibles aínda pagándoa, por iso nós non defendemos que teña que facerse con axudas e impostos de todos os cidadáns”, di