Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 173 noticias de la área temática Fondos europeos:

08/01/2026 | 15:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dozón mellora a eficiencia enerxética do edificio destinado a alugueiro social grazas a unha achega da Xunta de 120.000 euros

O delegado territorial destacou a importancia de levar a cabo obras que diminúan os gastos correntes dos concellos, así como o seu impacto ambiental

08/01/2026 | 13:58 | C. de Política Social e Igualdade; Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Fabiola García anuncia o investimento de 50.000 euros en actuacións de acondicionamento e mellora da escola infantil municipal de Boqueixón

As obras incluirán a reforma da cociña, a adquisición de novo equipamento educativo, a dotación dunha cuberta con toldo para o acceso principal e a renovación do pavimento da área de xogos

30/12/2025 | 12:42 | Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará a ampliación da escola infantil municipal de Palas de Rei

Investiranse 47.500 euros en dotar dunha unidade máis o centro, que incrementará a súa capacidade ata as 39 prazas de 0 a 3 anos

30/12/2025 | 12:35 | C. do Medio Rural

Medio Rural publica a convocatoria para apoiar actividades de información e promoción dos produtos agroalimentarios en réximes de calidade en 2026

A convocatoria, dotada con 3,2 M€, enmárcase no Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) e beneficiará a aquelas agrupacións nas que participan produtores de alimentos acollidos á DO, IXP, produción ecolóxica ou Artesanía Alimentaria

29/12/2025 | 13:05 | Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destinará 100.000 euros a cubrir o parque infantil do Punto de Atención á Infancia de Boborás

A contratación e seguimento das obras correrá a cargo do Concello, que é o titular do recurso

26/12/2025 | 15:18 | C. de Política Social e Igualdade; Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

A Xunta financiará a reforma da escola infantil municipal de Vedra

Achegará 75.000 euros para que o Concello leve a cabo diferentes obras de mellora do equipamento, que deberán estar listas ao longo do vindeiro ano

26/12/2025 | 13:46 | C. do Mar
26/12/2025 | 13:35 | C. do Medio Rural

María José Gómez celebra a consolidación das Aldeas de Nadal de Lalín como referente turístico nestas datas

A conselleira do Medio Rural visitou esta iniciativa, que vén de recibir o apoio da intervención Leader para incrementar as súas opcións fóra do casco urbano

25/12/2025 | 10:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica novas resolucións das axudas para a transformación e modernización de frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías

O Diario Oficial de Galicia recolle as resolucións de ambas as liñas, que suman entre setembro e novembro 184 subvencións concedidas por case 2,7M€ 

23/12/2025 | 13:53 | C. do Mar