Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.425 novas da área temática Forestal:

04/09/2026 | 15:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A senda divulgativa do viveiro público dos Trollos, en Bóveda, recibe preto dun milleiro de visitantes desde a súa apertura en xuño

O delegado territorial da Xunta en Lugo percorreu o itinerario e destacou o interese desta iniciativa para divulgar o patrimonio forestal e fomentar a súa conservación

04/09/2026 | 13:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a formación especializada no eido da construción en madeira a través da liña de axudas Xera-Savia

Destaca o compromiso do Goberno galego para incorporar de xeito progresivo o emprego deste elemento nas edificacións que promova ou execute a Administración pública ata acadar o 20 %

04/09/2026 | 12:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina a máis de medio cento de concellos galegos máis de 1 M€ das novas axudas para a adquisición de equipamento vinculado á prevención de incendios forestais

Resultaron beneficiarios desta convocatoria 23 concellos da provincia de Ourense aos que o Goberno galego destinou máis de 479.000 euros, 12 de Lugo que suman axudas por máis de 265.200 euros, nove na Coruña por máis de 170.600 euros e outros nove na provincia de Pontevedra por importe de 164.800 euros

03/09/2026 | 15:12 | C. do Medio Rural

Medio Rural avanza na mellora xenética forestal para responder ás necesidades actuais dos montes galegos

A conselleira María José Gómez visitou o viveiro público da Falmega, en Oroso, que conta cun novo horto de sementes de Pinus radiata para a obtención de material forestal de reprodución cualificado

25/08/2026 | 12:33 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina máis de 2,2 M€ a traballos de prevención de incendios forestais na provincia da Coruña

Dentro do convenio con Seaga para a xestión da biomasa, fixéronse labores por 455.000 € en arredor de 180 quilómetros de vías de titularidade municipal e noutras accións preventivas directas no territorio provincial a Consellería investiu 1,8 M€

24/08/2026 | 12:15 | C. do Medio Rural

Extinguido un conato de incendio forestal no concello ourensán de Lobios, parroquia de Mandín, que afectou ao Parque do Xurés

O lume iniciouse ás 21,21 horas de onte e afectou finalmente unha superficie de 0,13 hectáreas de monte raso

24/08/2026 | 10:20 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima

O lume quedou extinguido ás 00,16 horas de hoxe e finalmente afectou unha superficie de 27 hectáreas de monte raso 

23/08/2026 | 22:15 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima

O lume deuse por controlado ás 21,53 horas e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

23/08/2026 | 13:52 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima

O lume iniciouse ás 06,40 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

23/08/2026 | 11:36 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima

O lume iniciouse ás 06,40 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas