Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 752 novas da área temática Transporte:

08/06/2026 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traslada a súa proposta de creación dunha área de prestación conxunta do servizo de taxi na Coruña

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, abordou hoxe a iniciativa do Goberno galego nunha xuntanza con representantes dos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros

05/06/2026 | 15:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 5,3 M€ a senda peonil e ciclista ao longo de 14km da estrada PO-325 entre Vigo e Nigrán

A Administración autonómica habilitará este itinerario ao longo da estrada PO-325, desde a contorna de Navia ata a entrada no núcleo urbano de Nigrán

05/06/2026 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reitera a súa aposta pola creación dunha Área de Prestación Conxunta do servizo de taxi na Coruña

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, abordará o luns a iniciativa do Goberno galego nunha xuntanza con representantes dos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros

02/06/2026 | 14:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor a implicación do tecido empresarial coruñés para dar o salto definitivo á mobilidade eléctrica

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá na presentación da IV Feira do Automóbil en Agrela, que se celebrará na Coruña os vindeiros 13, 14 e 15 de xuño

31/05/2026 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta conclúe en San Cibrao das Viñas a primeira quenda dos cursos de condución segura para motoristas deste 2026, con ao redor de 160 participantes

Os primeiros 8 cursos do ano celebráronse en Santiago, O Porriño, Silleda e San Cibrao, e as actividades retomaranse en setembro con outra quenda de cursos en Vilalba, Vilaboa e Curtis, para os que se abrirá o prazo de solicitudes en agosto

30/05/2026 | 11:02 | A Presidencia da Xunta

A Xunta e o Concello de Poio acordan a implantación dun servizo de interese municipal en agosto coa creación de dúas novas liñas

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asina co alcalde de Poio, Ángel Moldes, e coa UTE XG-626 o convenio para a ampliación da oferta de transporte público no municipio

29/05/2026 | 15:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o concello de Ames renovan o convenio para manter a liña de autobús de interese municipal

Co obxectivo de mellorar a mobilidade do estudantado, incorporarase unha nova parada no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela

28/05/2026 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 1 M€ a unha nova orde de axudas para facilitar a incorporación ao mercado laboral de novos profesionais do transporte

Manuel Pardo informou sobre a convocatoria de axudas impulsada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, para obter o certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e na modalidade de ampliación ou promoción, así como os permisos de condución das clases C e D

28/05/2026 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta salienta o impulso á proxección internacional de Galicia que supón a nova conexión aérea entre Santiago e Nova York

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu ao acto inaugural da ruta que une Santiago de Compostela e a cidade estadounidense