Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 36.184 novas da área temática Áreas temáticas:

17/06/2026 | 13:06 | C. do Medio Rural

Medio Rural amplía o orzamento das axudas para fomentar a contratación de seguros agrarios ata os 11 millóns de euros

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia esta orde, que incrementa a dotación destas achegas en 1,5 millóns de euros para 2026

17/06/2026 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural
17/06/2026 | 12:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega 7,6 M€ ao Concello de Vigo a través do Fondo de Cooperación Local e lamenta que rexeite axudas para a promoción de emprego e de turismo

A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, sinala que o Goberno galego ingresou máis de 41 millóns á cidade desde 2020

17/06/2026 | 12:44 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta achega este verán 316 citas escénicas e musicais en 87 concellos galegos dentro do circuíto ‘Cultura no Camiño’

O programa para as localidades das distintas rutas xacobeas desenvolverase do 16 de xuño ao 31 de agosto a cargo de 147 compañías e grupos profesionais galegos

17/06/2026 | 12:41 | C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca o apoio da Xunta de máis de 85.000€ para a mellora de camiños en 3 parroquias de Coristanco ao abeiro do Plan Camiña

A representante do Goberno autonómico informou que a orde financia actuacións de ampliación ou mellora dos camiños que formen parte da rede viaria de acceso a unha ou a varias entidades de poboación

17/06/2026 | 12:33 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O director da Amtega destaca a importancia da especialización tecnolóxica e a soberanía dixital no desenvolvemento económico e social de Galicia

Sinala o esforzo da Xunta para reforzar o seu posicionamento con iniciativas como a creación do CECIGA, os nodos de IA, 5G e ciberseguridade ou a estratexia GobTec

17/06/2026 | 12:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta organiza unha xornada no parque natural da Serra da Enciña da Lastra para dar a coñecer os avances na investigación sobre a Cova do Santo

No ano 2025 un equipo da Área de Prehistoria da Universidade de Santiago, co apoio de persoal do parque, levou a cabo a primeira escavación arqueolóxica sistemática co obxectivo de caracterizar os restos atopados nesta cavidade calcaria, considerada o xacemento da Idade de Bronce con máis restos humanos documentados en Galicia

17/06/2026 | 12:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta avanza que o dispositivo de seguridade de ‘O Son do Camiño’ contará con máis de 1.300 efectivos

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, visitan o recinto no que ademais mañá se constituirá o Posto de Mando Avanzado para coordinar o operativo en cada unha das tres xornadas do festival

17/06/2026 | 12:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba a décima actualización do Plan básico autonómico de Galicia, que garante unha ordenación responsable e sostible do territorio

Dada a súa natureza de documento dinámico, que esixe a súa actualización periódica, a Xunta ven de aprobar unha nova actualización cartográfica do PBA

17/06/2026 | 11:52 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta consolida o seu compromiso co ‘Arde Lucus’ e a promoción turística de Lugo que supera o 90% de ocupación durante a súa celebración

Turismo de Galicia contribúe a enriquecer a súa programación, investindo máis de 200.000€ investidos desde que foi recoñecida festa de interese turístico de Galicia