Actualidade
Buscador de novas
Activo un incendio no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afecta o parque do Xurés
O lume iniciouse arredor das 18.20 horas desta tarde
Medio Rural destaca a súa aposta pola formación do persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais
María José Gómez asistiu esta mañá aos exercicios de instrución e adestramento organizados pola Unidade Militar de Emerxencias no que participan membros do SPIF
A Xunta convoca unha reunión de coordinación do operativo contra os incendios forestais da provincia de Lugo
Tamén se realizará un simulacro o día 4 de xuño nos municipios de Meira, Riotorto e A Pontenova para reforzar a cooperación de cara á época de alto risco de lumes
A Xunta prohibe desde mañá martes as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso
Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos non terán validez a partir de mañá
Medio Rural aposta pola innovación no sector forestal e por unha xestión sostible e equilibrada do monte
A conselleira María José Gómez visitou hoxe en Coristanco o viveiro Growin, ao que puxo como exemplo do enfoque cara a I+D+i, unha liña de traballo que a Xunta apoia no marco do Plan Forestal de Galicia
A Xunta avoga por ampliar a formación no sector forestal en ámbitos como o das certificacións da biomasa
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, inaugurou hoxe no CIS Madeira o Curso de certificación de leña e acha, organizado polo Clúster da Biomasa de Galicia e a Asociación BIOECO2
A Xunta avoga por impulsar o uso da madeira na construción para avanzar no camiño da descarbonización
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández, asistiu á V edición do Forum Internacional da Construción con Madeira