Actualidade
Buscador de novas
Rueda pon en valor as medidas da Xunta para propiciar desenvolvemento industrial, emprego de calidade e aumento do benestar en Galicia
Garante ao tecido empresarial “facilidades, portas abertas e certezas” por parte da Administración galega para que continúe a crear riqueza
Lorenzana avalía co alcalde de Vilanova de Arousa diferentes proxectos para impulsar o tecido industrial e comercial do municipio
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co rexedor, Gonzalo Durán, no que se informou dos diferentes apoios da Administración autonómica para a competitividade dos polígonos empresariais
A Xunta pide ao Goberno central certezas para o proxecto de Altri en Galicia
Lorenzana lamenta que a Comunidade estea a ser discriminada no reparto de fondos europeos por parte do Executivo central co silencio, pasividade e complicidade de PSdeG e BNG
A Xunta expón en Valencia a súa experiencia en compra pública de innovación, na que leva investido máis de 320 M€ desde 2010
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá no V Foro Iberoamericano de CPI e Innovación Aberta
Lorenzana aborda coa alcaldesa de Boimorto vías de colaboración para atraer empresas cara ao municipio
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro coa rexedora de Boimorto, María Jesús Novo, no que se puxo de manifesto a aposta da Xunta pola captación de investimentos e tecido industrial
A futura planta de hidróxeno do porto exterior da Coruña recibe informe ambiental favorable da Xunta
As instalacións ocuparán unha superficie de 3.000 m2 na explanada sur de Langosteira e terán unha capacidade máxima de produción de 1 MW, que se destinará á mobilidade
A Xunta adxudica por máis de 290.000 euros a redacción do plan de creación do parque empresarial de Louredo, entre Mos e Redondela
O plan pretende ordenar unha superficie de preto de 480.000 metros cadrados e poñela posteriormente a disposición do tecido empresarial
Lorenzana define a sociedade Recursos de Galicia como peza clave na estratexia industrial da Xunta
Asegura que a política industrial do Goberno galego prioriza a planificación, a sustentabilidade e o impulso a novos vectores enerxéticos
Lorenzana destaca a aposta da Xunta por abrir as portas ao capital investidor que mobiliza a transición enerxética
Ratifica que a Administración autonómica traballa por xerar un clima favorable para a actividade empresarial para que a economía galega siga crecendo, xerando emprego de calidade e captando novos proxectos
Xunta e DIHGIGAL formalizan o convenio para a elaboración do mapa industrial de Galicia
Trátase dunha ferramenta prevista no Proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas para coñecer a realidade da industria galega e definir medidas de intervención