Actualidade
Buscador de novas
Gómez Caamaño destaca os resultados do plan de mellora da incapacidade temporal da Xunta, coa revisión de 107.500 procesos que motivou 26.000 altas
Subliña que o obxectivo é lograr que os procesos de baixa laboral sexan máis eficientes tanto para o paciente como para o facultativo que a prescribe, así como para o sistema público que financia a prestación
A onda epidémica de gripe segue a rexistrar unha intensidade baixa e tendencia decrecente
Respecto da semana anterior, a taxa de consultas por gripe descendeu un 35,1 %
A Xunta licita por 1,8 M€ as obras da nova área de cirurxía maxilofacial do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, que se emprazará no Hospital Meixoeiro
Estará dotada con equipamento de última xeración e contará con 3 consultas, unha sala polivalente, unha sala de espera, unha sala de simulación, un despacho e unha sala cirúrxica
O virus respiratorio sincitial segue a incrementar a positividade e achégase ao 10 %
Na última semana rexistráronse 35 ingresos de persoas maiores de 60, dos cales 25 teñen máis de 80 anos
A Xunta incorpora Chantada, Carballedo, Quiroga e Ribas de Sil ao servizo de hospitalización a domicilio, acadando o 98 % da poboación do distrito de Monforte de Lemos
A constitución dun segundo equipo de hospitalización a domicilio ao distrito sanitario de Monforte de Lemos vai permitir unha reorganización do traballo para ampliar a cobertura, chegando a máis de 43.000 persoas
As doutoras Ana Concheiro e Luisa Fernanda Peleteiro nomeadas presidenta e vicepresidenta do Consello de Bioética de Galicia
A doutora Concheiro Guisán é especialista en Neonatoloxía e na actualidade é xefa do Servizo de Pediatría na área sanitaria de Vigo
A Xunta diagnostica 89 cancros de colo uterino grazas ao programa de detección precoz, o 77 % en fase inicial
Tamén foron detectadas máis de 1.906 lesións precancerosas
A comisión de seguimento do acordo de Medicina aproba crear dous grupos de traballo en materia xurídica e económica
Os conselleiros de Educación e Sanidade e os reitores das tres universidades públicas galegas asinan o convenio, ratificado onte polo Consello da Xunta
Supéranse os 32.600 participantes en Sincigal, o ensaio clínico que avalía a redución de hospitalizacións en adultos polo virus respiratorio sincitial
Colaboraron máis de 8.000 persoas da área sanitaria da Coruña e Cee; preto de 2.500 de Ferrol; máis de 4.200 de Santiago de Compostela e Barbanza; máis de 5.100 de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; máis de 5.100 en Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; máis de 3.200 de Vigo; e preto de 4.400 de Pontevedra e O Salnés
O Plan de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde oferta 539 actividades en 2026
O plan, publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia, busca reforzar a capacitación e a actualización continua dos profesionais do sistema público de saúde