Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca o labor das sociedades galegas de Basilea e Xenebra no mantemento das tradicións da nosa terra máis aló do territorio
O secretario xeral da Emigración acompaña á colectividade galega de Basilea e Xenebra na celebración do San Xoán, mantendo viva unha das tradicións máis emblemáticas da cultura galega no exterior
A Xunta aproba de forma inicial o plan básico municipal de San Cristovo de Cea, que disporá dun instrumento eficaz de ordenación do territorio
A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, informou hoxe deste trámite ao alcalde deste municipio, José Luis Valladares
A Xunta salienta a importancia da colaboración público-privada para fortalecer o comercio local e dinamizar a economía de proximidade
José González incidiu na necesidade de que comerciantes, administracións e a propia cidadanía sigan traballando en equipo a prol dun eido estratéxico para a vertebración do territorio, a fixación de poboación e o desenvolvemento económico e social
A Rede Galega de Teatros e Auditorios acolle en Ourense a estrea da coprodución luso-galega ‘O grande incêndio’
A partir do texto de Roland Schimmelpfenning, Ánxeles Cuña dirixe o espectáculo no que participan os equipos da compañía ourensá Sarabela e da portuguesa A Escola da Noite
A Xunta reafirma a súa aposta por un modelo económico máis xusto, inclusivo e ligado ao territorio a través do novo convenio con Foroesgal
Pablo Fernández destacou a relevancia da colaboración con esta entidade que integra as principais organizacións do sector —EspazoCoop, Agaca, Aesgal, Cegasal e Aeiga—, consolidando a economía social galega e impulsando accións de difusión
A Xunta licita os traballos de humanización dunha praza en Fonteboa, no concello de San Cibrao das Viñas, por 150.000 euros
A actuación consistirá nas obras de humanización da praza xerada na confluencia das rúas Fonteboa e Camiño da auga, coa remodelación total do ámbito
As obras de prolongación da autovía AG-59 farán necesaria a afección ao tráfico na estrada AC-241, en Teo, a partir do vindeiro martes
A afección terá lugar no punto quilométrico 13+250 da AC-241, en Vilar, e é necesaria para a dotación da drenaxe e a reposición de servicios de baixa tensión e telefonía
A Xunta iniciará o luns o estendido da nova capa de rodaxe da AG-53, entre o enlace de Cea e a A-52, que farán necesario cortes de calzada
Nesta nova fase intervirase na calzada dereita da autovía, dándolle continuidade á renovación extraordinaria do pavimento desta vía libre de peaxe, na que a Xunta inviste máis de 5M€
A Xunta defende a colaboración co Corpo Consular para potenciar as relacións internacionais de Galicia e o retorno das persoas galegas do exterior
José González puxo de relevo o importante traballo que realizan os consulados para facilitar o arraigamento das persoas galegas do exterior que deciden retornar á comunidade e dos cidadáns estranxeiros en Galicia