Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.990 novas da área temática Cultura:

22/10/2025 | 13:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos pon en valor o arquivo do Reino de Galicia “na salvagarda e divulgación da nosa historia”

A entidade celebra a efeméride cunha selección de pezas das máis de 550 que custodia pertencentes a fondos privados, públicos e ás súas coleccións

22/10/2025 | 11:59 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca o “valor para a lingua” do espistolario de Neira Vilas e Xesús Alonso Montero

O secretario xeral da Lingua participa na presentación do libro ‘Correspondencia 1965-2014’, publicado pola Editorial Galaxia, e que recolle as cartas entre ambos os dous autores escritas en galego

21/10/2025 | 15:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha unha nova edición do concurso ‘Nós tamén creamos’

O certame de curtas de animación en galego busca promover unha imaxe positiva e actual da lingua galega e favorecer o seu uso e aprendizaxe en novos formatos

21/10/2025 | 14:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo salienta o labor da Xunta para “sumar con éxito” a cultura na transformación do rural

O representante do Goberno Galego destaca o valor da programación e creación artística nestes territorios, ao abeiro da Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia

21/10/2025 | 14:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo asiste á primeira actuación do proxecto “Opera Kids” da asociación de Amigos da Ópera que conta co respaldo da Xunta

A delegada da Xunta explicou que o obxectivo desta iniciativa é demostrar que a ópera pode ser inclusiva e emocionante tamén para os máis pequenos, despertando a curiosidade e o interese polas artes a través do xogo, a sorpresa e a experiencia directa

21/10/2025 | 14:13 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca a “relevancia histórica, social e cultural” da declaración de herdeiros de Castelao, consultable no Arquivo Histórico de Pontevedra

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude celebra o achado fortuíto, que considera unha “importante achega” para a recta final do ‘Ano Castelao’

21/10/2025 | 12:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e Afundación achegan a Lugo a realidade sociocultural da Galicia dos anos sesenta con fotografías de Nicolás Muller

A exposición recolle medio cento de imaxes de olla humanista, tiradas por un dos grandes documentalistas da Europa do s. XX durante as súas viaxes pola Comunidade

19/10/2025 | 21:43 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca o talento das novas xeracións que garante o futuro das Bandas de Música Populares de Galicia

O representante autonómico fai fincapé na xuventude da maioría dos máis de 1300 intérpretes que integran as 20 agrupacións participantes nunha das edicións máis numerosas deste concurso