Actualidade
Buscador de novas
Rueda urxe ao comisario de Pesca solucións aos problemas da flota palangreira
O presidente da Xunta mantivo un encontro con Costas Kadis no que avaliaron asuntos como a necesaria revisión da Política Pesqueira Común (PPC) ou o veto á pesca de fondo en determinadas zonas
A Xunta destaca o papel das mulleres no sector do mar e o seu liderado para afrontar os retos presentes e futuros da actividade pesqueira en Galicia
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro subliñou a crucial contribución das profesionais en ámbitos como a reparación dos aparellos de pesca, o marisqueo ou na industria conserveira
Villaverde enxalza a traxectoria da Festa do Percebe do Roncudo de Corme e a sitúa como modelo de valorización dos produtos do mar de Galicia
A conselleira do Mar destaca a calidade e sabor excepcional deste molusco como un dos maiores expoñentes da marca Galicia Calidade cuxa comercialización no 2024 deixou unha facturación nas lonxas galegas de case 9 millóns de euros
Alianza da Xunta e a Cooperativa de Armadores de Vigo para a realización de accións formativas co obxectivo de reforzar a capacitación dos tripulantes
A entidade viguesa é unha das principais beneficiarias da orde de axudas autonómicas, dotada de xeito bianual con 1,4 millóns de euros, que permitirá a realización dun total de 97 cursos ao longo deste ano
Mar e Deputación de Pontevedra renovan a alianza para que os alumnos do IGAFA reciban formación no estranxeiro en acuicultura e mergullo
Desde marzo este instituto conta coa homologación internacional do IMCA en inmersións, situándose como o primeiro centro de España en contar con este recoñecemento
Rueda anuncia que a Xunta ultima o lanzamento do Bono Peixe que estará dispoñible a partir do vindeiro 28 de xullo para a súa descarga
Resalta que o obxectivo é “incentivar o consumo” do peixe e marisco fresco galego, produtos que son sinónimo “de excelencia e calidade” por todo o mundo
Mar contribúe á capacitación e competitividade do sector marítimo-pesqueiro de Ribeira, achegando nos últimos dous anos 155.000 € para a súa formación
A conselleira, Marta Villaverde, visitou aos vinte alumnos do Curso de Mariñeiro de Ponte, unha das 26 accións que desenvolve o pósito co apoio da Xunta
Mar e ARVI renovan a súa alianza para o desenvolvemento do VI Festival Vigo Seafest
A conselleira e o presidente da Cooperativa de Armadores asinaron o convenio que permite a celebración deste evento, considerado unha cita referente en España dentro da gastronomía marítimo-pesqueira