Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.697 novas da área temática Economía:

11/12/2024 | 13:25 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega 614.000 euros para apoiar 47 iniciativas empresariais lideradas por mulleres en Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que as axudas do programa EMEGA 2024 chegan a 21 concellos lucenses e permiten crear ou consolidar 96 empregos femininos en sectores de actividade moi diversos

10/12/2024 | 18:43 | A Presidencia da Xunta
10/12/2024 | 13:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Economía e Industria

Lorenzana avoga por seguir impulsando a internacionalización da economía galega, tanto en exportacións como en captación de investimentos

En total son 47 os beneficiarios na última convocatoria deste programa, que conta cun investimento de 3M€

08/12/2024 | 09:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta activa mañá a ampliación do Bono Activa Comercio con outros 2,5 M€ para atender á demanda tanto do tecido comercial como da cidadanía

As persoas que xa descargaran os seus bonos desta 6º edición -agora ampliada- e non os gastasen, teñen dende mañá unha nova oportunidade para empregalos

06/12/2024 | 21:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta define o retorno do talento dos galegos do exterior coma unha ferramenta estratéxica para o impulso do emprendemento e a remuda xeracional

José González remarcou a aposta do Goberno galego pola integración sociolaboral dos emigrantes galegos -así como pola captación de traballadores de terceiros países-, a través de accións en orixe e sempre vencellado ao emprego

05/12/2024 | 14:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta inclúe á Asociación de Empresarios Galegos en Madrid na súa rede de colaboradores para atraer investimentos e impulsar as exportacións na China

A conselleira destaca que o protocolo recolle medidas para impulsar a labor que xa desenvolve a Antena do Igape no país asiático

05/12/2024 | 13:56 | C. de Economía e Industria

A sede da Xunta en Lugo acolle unha xornada sobre seguridade industrial no sector agroalimentario

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se enmarca nun ciclo que promoven a Consellería de Economía e Industria e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

04/12/2024 | 14:35 | C. de Economía e Industria; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana avoga por mesturar innovación e sustentabilidade para impulsar a competitividade do tecido empresarial

Louva o traballo de Birmind que soubo ver “as posibilidades infinitas da economía circular e fixo diso o seu modelo de negocio”