Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural aposta pola certificación sustentable dos montes galegos, que xa acadou o obxectivo de superficie para 2030 fixado no Plan Forestal
En Galicia, o terreo certificado baixo o sistema PEFC -o de maior implantación internacional- achégase xa ás 460.000 hectáreas en total, das que a Xunta xestiona máis de 164.000, a súa maior parte de montes veciñais en man común
A Xunta apoia a demanda do sector forestal galego ao Goberno central a prol da mellora da súa fiscalidade
María José Gómez sinalou que, en liña co desenvolvemento do Plan Forestal, o que se persegue é unha fiscalidade que permita valorizar os investimentos e o aproveitamento do monte galego, algo que xera beneficio económico e favorece a prevención do lume e a remuda xeracional
A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello de Avión
O lume produciuse por mor de partículas incandescentes durante a realización de traballos de corta de metal sen as medidas de seguridade necesarias
A Xunta salienta a importancia da colaboración institucional na loita contra os incendios forestais durante a presentación da Operación Centinela 2024
María José Gómez reiterou o compromiso do Goberno galego nestas tarefas e puxo en valor a aportación das Forzas Armadas co despregamento, financiado pola Consellería, dunha trintena de patrullas do Exército polos montes da comunidade
Medio Rural completa a remodelación da base aérea contra incendios de San Xoán de Río cun investimento de máis de 1,2 M€
Gómez destacou que o novo espazo favorecerá a conciliación entre traballo e descanso por parte do persoal e que tamén se melloraron as plataformas para os helicópteros
A Xunta impulsa a cualificación das persoas empregadas no sector forestal coa financiación de 58 actividades formativas
A convocatoria conta cun orzamento total de 800.000 euros para impulsar o coñecemento e a competitividade do sector
Medio Rural reitera o seu apoio ao fomento do castiñeiro e á recuperación de soutos como acción para coidar o territorio
A titular da Consellería puxo de relevo a aposta por aqueles produtos da nosa comunidade recoñecidos por unhas características específicas
A Xunta entrega ao Centro do Medio Rural de Torroso material para prevención de incendios forestais
A delegada territorial da Xunta de Galicia, Ana Ortiz, entregou este martes ferramentas destinadas a defensa dos montes e xardíns de Mos