Actualidade
Buscador de novas
Maria José Gómez salienta o labor desenvolvido polos Africores como un traballo primordial no control do rendemento leiteiro e da mellora xenética
A conselleira do Medio Rural sinalou que o traballo destas entidades ten unha influencia directa no sector lácteo galego, recoñecido pola boa saúde e calidade da súa cabana
Galicia acollerá a bombeiros forestais búlgaros para formarse co persoal de prevención e extinción de incendios da Xunta
A Consellería do Medio Rural recibirá dous grupos de 20 profesionais cada un ao longo do mes de xullo, dentro do Mecanismo Europeo de Protección Civil
A Xunta destaca o Club de produto Galicia Suroeste como exemplo de como a produción agroalimentaria xera novas oportunidades para o rural
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural participou hoxe na presentación desta iniciativa promovida pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste
A Xunta destaca a calidade diferenciada dos viños galegos como motor de desenvolvemento do territorio e do rural
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou hoxe na clausura e entrega de títulos do curso de verán da USC O mundo dos viños galegos. XIV Foro do Albariño: simbiose coa contorna e enoturismo fronte o novo escenario global
Medio Rural presenta o novo Observatorio de Prezos do sector primario ante o Consello Agrario
A posta en marcha desta iniciativa forma parte do decálogo de accións impulsado polo Goberno galego para defender ao sector primario ante as implicacións do tratado comercial entre a Unión Europea e Mercosur
María José Gómez salienta a aposta de Aceiroga polas novas tecnoloxías e pola mellora da súa capacidade produtiva
A conselleira do Medio Rural visitou hoxe as instalacións desta empresa, que foi beneficiaria o pasado ano dunha achega específica para fortalecer o emprego nas contornas rurais e diversificar a actividade agraria
Medio Rural reforza a súa aposta pola innovación como vía para seguir avanzando na excelencia dos produtos agroalimentarios galegos
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria mantivo hoxe unha reunión de traballo con representantes de Lanzán Ganadería en Friol, a única empresa que produce baixo a certificación de Ternera Gallega Suprema e a produción ecolóxica
Galicia asume en Bruxelas a representación semestral das CC. AA. no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, salienta a responsabilidade de liderar unha postura común forte e coordinada que defenda os intereses do sector