Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.386 novas da área temática Comercio:

30/06/2026 | 13:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a profesionalización de 12 mulleres artesás do rural cunha mentoría personalizada

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou esta mañá no peche da primeira parte do programa de dinamización e acompañamento profesional Artesás

28/06/2026 | 10:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reunirá un total de 70 expositores no XIII Corazón da Artesanía de Agolada

Durante o encontro impulsado pola Fundación Artesanía de Galicia, do 3 ao 5 de xullo, haberá cinco obradoiros abertos para iniciarse na forxa, no torno cerámico, no bordado sobre fotografía, no tecido de tapices e nos xoguetes de madeira

27/06/2026 | 14:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta continúa en Ribadavia coa programación de obradoiros artesanais dentro do proxecto Vilas Vivas

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegáronse esta mañá ata a Casa da Artesanía de Galicia, onde hoxe se realizan dous cursos de estampaxe de panos tradicionais

27/06/2026 | 12:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Pontevedra o papel dos Centros Comerciais Abertos na dinamización do comercio local

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu hoxe en Pontevedra ás actividades organizadas polo CCA Zona Monumental dentro da iniciativa Xa é verán nas Galerías Oliva e ao arranque da campaña de rebaixas impulsada polo novo CCA Pontevedra

26/06/2026 | 19:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta en Verín a campaña ‘Comercio Compensa’ a prol do consumo local e sostible

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta tarde o posto informativo instalado no marco da iniciativa autonómica e aproveitará para visitar a ‘Noite de compras’ organizada polo CCA de Verín e apoiada polo Goberno galego

25/06/2026 | 14:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta incorpora a praza de abastos de Ribeira á rede de Mercados Excelentes de Galicia por ser referente en calidade, innovación e compromiso coa cidadanía

José González sinala que o novo selo —que tamén teñen Tomiño, Vilagarcía de Arousa, Pontedeume e Carballo— enxalza os mercados destacados pola súa modernidade e dinamización, sen perder a autenticidade, tradición e trato personalizado

24/06/2026 | 10:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor as campañas extraordinarias apoiadas en Boiro, Marín, Redondela, Viveiro e Verín no marco das axudas aos centros comerciais abertos 2026

Cunha achega autonómica total de case 100.000 euros, as accións celebraranse entre os meses de setembro e outubro tras seren seleccionadas dentro da convocatoria na que se apoiaron 56 CCA en toda Galicia cun investimento superior aos 2,35 M€

23/06/2026 | 15:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Os Carunchos e Radio Cos encabezan a programación musical do XIII Corazón da Artesanía de Agolada impulsado pola Xunta

O día que comeza o evento —o venres 3 de xullo— actuarán a Charanga dos Pendellos e Comando Curuxás, mentres o sábado 4 Os Carunchos protagonizarán a sesión vermú, pola tarde haberá o pasarrúas de Bico da Balouta e á noite estará Mediarea

22/06/2026 | 12:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta recoñece o labor de Algalia, Larega e Xallas-Santa Comba nos Premios á Cooperación 2026

O DOG publica hoxe a resolución destes galardóns, que distinguen aquelas cooperativas galegas que destaquen pola súa contribución ao desenvolvemento económico e social, á promoción dos principios cooperativos e ao fortalecemento da economía social