Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reunirá un total de 70 expositores no XIII Corazón da Artesanía de Agolada
Durante o encontro impulsado pola Fundación Artesanía de Galicia, do 3 ao 5 de xullo, haberá cinco obradoiros abertos para iniciarse na forxa, no torno cerámico, no bordado sobre fotografía, no tecido de tapices e nos xoguetes de madeira
A Xunta continúa en Ribadavia coa programación de obradoiros artesanais dentro do proxecto Vilas Vivas
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegáronse esta mañá ata a Casa da Artesanía de Galicia, onde hoxe se realizan dous cursos de estampaxe de panos tradicionais
A Xunta pon en valor en Pontevedra o papel dos Centros Comerciais Abertos na dinamización do comercio local
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu hoxe en Pontevedra ás actividades organizadas polo CCA Zona Monumental dentro da iniciativa Xa é verán nas Galerías Oliva e ao arranque da campaña de rebaixas impulsada polo novo CCA Pontevedra
A Xunta coordina o primeiro envío de axuda humanitaria a Venezuela a través de Farmamundi e da Cruz Vermella
Desde a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes tamén se traballou na organización da viaxe dos bombeiros galegos integrados no dispositivo español que partiu esta mañá de Torrejón de Ardoz
Galicia acollerá a bombeiros forestais búlgaros para formarse co persoal de prevención e extinción de incendios da Xunta
A Consellería do Medio Rural recibirá dous grupos de 20 profesionais cada un ao longo do mes de xullo, dentro do Mecanismo Europeo de Protección Civil
As novas axudas a familias para comedores escolares poderán solicitarse entre o 6 de xullo e o 6 de agosto
As bolsas, de 150€, van dirixidas a usuarios de comedores xestionados por anpas, concellos e centros concertados con rendas de ata 6.000€ per cápita
A Xunta resalta a cooperación transfronteiriza para facerlle fronte aos desafíos en emerxencias
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, clausurou en Ourense a xornada técnica ‘Intervencións transfronteirizas derivadas dos riscos naturais’
Villares destaca o éxito da furgoteca na dinamización cultural do rural lucense
O delegado territorial visitou no Incio a biblioteca móvil da Xunta, que nos próximos días estará en Triacastela, Navia de Suarna e Samos
A Xunta lanza os apoios deste ano para a creación de cooperativas e sociedades laborais dotados con máis de 2,3 M€ e co foco na remuda xeracional
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova orde de ES-Transforma e con axudas de ata 46.000 € e incentivos no rural, para fomentar a pervivencia no territorio de empresas viables mediante a súa conversión en entidades de economía social
A Xunta recoñece o labor de Algalia, Larega e Xallas-Santa Comba nos Premios á Cooperación 2026
O DOG publica hoxe a resolución destes galardóns, que distinguen aquelas cooperativas galegas que destaquen pola súa contribución ao desenvolvemento económico e social, á promoción dos principios cooperativos e ao fortalecemento da economía social