Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 823 novas da área temática Xuventude:

31/03/2026 | 10:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza unha nova edición de Conecta con Galicia no Camiño para reforzar os lazos da mocidade galega do exterior coa comunidade

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de 2026 do programa Conecta con Galicia no Camiño cunha oferta dun cento de prazas destinadas a mozos e mozas galegos de entre 18 e 21 anos residentes no exterior

29/03/2026 | 12:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inicia en abril a fase de rúa do proxecto ‘Localízate’ con xincanas nas sete cidades para reforzar os vencellos da mocidade co comercio local

Tras o desenvolvemento da primeira etapa do programa na que 2.175 alumnos de ESO e FP Básica traballaron en propostas para o comercio de proximidade, as aulas mellor valoradas participarán agora nas probas urbanas

26/03/2026 | 17:24 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses destaca a importancia “de fomentar entre a mocidade un uso responsable e empático das tecnoloxías”

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude leva a cabo un programa de concienciación que fai parada en seis Espazos Xove

26/03/2026 | 12:55 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta promove encontros profesionais entre mocidade e empresas para fomentar a inserción laboral na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Lara Meneses pon en valor estas xornadas para establecer contactos laborais e para mellorar as oportunidades de emprego da xente nova

24/03/2026 | 13:58 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 53 M€ para a incorporación da mocidade ao agro e a mellora das súas explotacións

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá en Moeche a explotación dun beneficiario das axudas dirixidas a agricultores mozos na convocatoria anterior

22/03/2026 | 12:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta amplía ata o mércores o prazo de solicitudes para participar na segunda edición de Campa 360

O programa ofrece propostas formativas e de lecer nos fins de semana de abril e maio para a mocidade galega entre 12 e 17 anos 

13/03/2026 | 14:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta impulsa unha nova edición do ‘Pasaporte Solidario’ con máis de 1.000 participantes

O programa busca favorecer que o alumnado de Primaria, Secundaria e Formación Profesional leve a cabo accións de voluntariado con impacto real na súa contorna

13/03/2026 | 13:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a importancia de fomentar o intercambio de experiencias entre persoas mozas e maiores

Antón Acevedo pon en valor os programas que ten en marcha o Goberno galego para favorecer un envellecemento activo e saudable