Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 978 novas da área temática Territorio:

22/12/2024 | 16:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 330.000 euros as obras para a mellora funcional do espazo público viario do núcleo de Camboño, en Lousame

A actuación enmárcase no Plan Hurbe impulsado pola Xunta, co que se contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais, como motores de dinamización

21/12/2024 | 16:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 2,5 millóns de euros a execución das obras da plataforma flotante do Parrote, na Coruña

Esta intervención singular, que a Xunta executa en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, permitirá habilitar unha zona de baño segura neste emblemático espazo da cidade

20/12/2024 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
20/12/2024 | 11:29 | C. do Medio Rural

Medio Rural publica unha modificación do prego de condicións da IXP Castaña de Galicia que permitirá cultivar este froito en toda a comunidade

A resolución foi publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia logo de que o cambio fora solicitado polo Consello Regulador deste distintivo, que deu conta destas modificacións nun pleno celebrado esta semana

19/12/2024 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilitará unha senda que rodeará o monte Santa Tegra cun investimento de 1,6 M€

O itinerario circunvalará o monte de Santa Tegra aproveitando a traza da estrada autonómica PO-352, conectando A Guarda con Camposancos e a zona de praias, así como a zona deportiva da Sangriña, garantindo sempre a seguridade dos peóns

18/12/2024 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a declaración de Baiona como novena Área Rexurbe, co obxectivo de dinamizar o seu conxunto histórico artístico e a súa contorna

O ámbito abrangue unha superficie de 160.000 m2, onde están localizados 456 edificios, 797 vivendas e 241 locais comerciais

18/12/2024 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
16/12/2024 | 11:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A nova tempada de pesca continental comezará en Galicia o 16 de marzo e prolongarase ata o 31 de xullo

No caso do salmón, o período hábil para exercer a actividade irá do 1 de maio ao 31 de xullo, aínda que poderá acurtarse en función da cota de capturas