Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.662 novas da área temática Mar:

11/03/2025 | 15:14 | C. do Mar

Alfonso Villares pon en valor as axudas autonómicas para equipamentos portuarios na confraría de Barallobre beneficiaria de máis de 59.000 €

O pósito executou obras de mellora na impermeabilización da cuberta, fachadas así como o saneado e pintado do interior da lonxa ademais de adquirir un produtor de xeo e mesas de clasificación de molusco 

08/03/2025 | 14:51 | C. do Mar

A Xunta impulsa o sector do cultivo do mexillón e a acuicultura sostibles a través dos GALP

A iniciativa da sociedade pontevedresa suscitou o interese da delegación bretoa que visitou estes días a zona, pois o seu desenvolvemento contribúe á dinamización e á diversificación da actividade marítima

07/03/2025 | 17:44 | C. do Mar

Galicia mostra os seus referentes en formación e investigación á delegación de Bretaña coa visita ao Instituto Marítimo Pesqueiro de Vigo e o Intecmar

O centro formativo imparte os ciclos superiores de Pesca de Altura e de Máquinas e os ciclo medios de Pesca de Litoral e Máquinas que se complementan este ano con outras 46 accións formativas  

07/03/2025 | 15:39 | C. do Mar

A Xunta financia con 77.500 euros a compra de dúas carretillas eléctricas para a confraría de Cambados

Trátase dun proxecto de mellora, optimización de procesos e mellora de condicións de traballo subvencionado polo GALP

07/03/2025 | 13:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta vincula Galicia e Cádiz cunha exposición fotográfica centrada na cultura do mar

Despois do seu paso por varios puntos da Comunidade, a proposta chega ao sur de España cunha selección das 4.000 imaxes dixitalizadas das cofrarías de pescadores

06/03/2025 | 16:08 | C. do Mar

Galicia e Bretaña estreitan lazos na defensa dos intereses pesqueiros ante as institucións comunitarias

O conselleiro destaca a aposta da Xunta polo sector, co desenvolvemento da Estratexia de Economía Azul, que converterá á comunidade nun referente internacional nesta materia e mobilizará 144M€

06/03/2025 | 16:01 | C. do Mar

As descargas de bocarte nos peiraos de Porto do Son alcanzan o 70% das 488 toneladas que foron comercializadas nas lonxas galegas este ano

O conselleiro do Mar informou que esta mañá celebrouse un encontro coa frota do cerco para abordar unha posición común respecto ao borrador de Resolución da Secretaría Xeral de Pesca para xestionar esta pesqueira no Cantábrico