Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita por máis de 3,8 M€ o control e seguimento de 127 depuradoras galegas con capacidade para dar servizo a unha poboación de máis de 2.000 persoas
O contrato ten como obxectivo axudar na supervisión, vixilancia e inspección das infraestruturas hidráulicas competencia das entidades locais para dar un mellor servizo á cidadanía e velar pola calidade das augas na súa área de influencia
A Xunta lanza un decálogo para fomentar as boas prácticas medioambientais durante o verán
Sogama, a través da súa páxina web e doutras canles de comunicación, insistirá na necesidade de seguir practicando en vacacións hábitos responsables como reducir a produción de residuos, minimizar o desperdicio alimentario ou aforrar auga e enerxía
A Xustiza europea dálle a razón á Xunta e avala a tramitación ambiental dos proxectos eólicos realizada en Galicia nos últimos anos
Carmen Bouso celebra a decisión do Alto Tribunal da UE xa que garante a seguridade xurídica que exixen o Goberno galego e o sector para poder desbloquear a parálise eólica sen precedentes que sofre a Comunidade e avanzar no impulso das renovables
A Xunta culmina a mellora da planta de transferencia de Vigo cun investimento de 3,5 M€ e completa a Rede Galega de Infraestruturas de xestión de biorresiduos
O Executivo galego destinou un total de 45 millóns de euros ao sistema integral de tratamento da materia orgánica deseñado para apoiar aos concellos no cumprimento da normativa que os obriga á recollida separada destes refugallos
A Xunta destina máis de 25 M€ a ampliar a depuradora de Vilagarcía de Arousa para duplicar a súa capacidade e dar servizo a arredor de 100.000 persoas
Ángeles Vázquez destaca que o Executivo galego aporta o 80% dos 31 millóns de euros necesarios para executar as actuacións e o Concello, o 20% restante
A Xunta e XEA Galicia estudarán posibles liñas de colaboración para garantir o benestar e a protección dos animais de compañía
Marisol Díaz lembra que desde 2024 o Goberno galego ofrece axudas aos cidadáns para sufragar os primeiros gastos veterinarios e de identificación tras facerse cargo dun animal abandonado e anima aos responsables do refuxio a colaborar na súa difusión
A Xunta realiza labores de conservación en varios tramos fluviais que suman preto de 2 quilómetros no concello pontevedrés de Oia
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de cinco semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
Ángeles Vázquez salienta o gran potencial de Galicia para atraer empresas e proxectos innovadores que sexan referentes en materia de economía circular
Subliña que a empresa tramita unha ampliación das actuais instalacións en Palas que permitirá quintuplicar a produción de larvas de mosca soldado negra para consolidar a súa posición neste sector e pechar todo o proceso industrial na propia Comunidade
A Xunta dá luz verde ambiental condicionada ao proxecto de urbanización do ámbito do plan parcial de solo urbanizable no polígono de Veigadaña, en Mos
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a iniciativa teña efectos adversos significativos na contorna sempre que se cumpran as condicións fixadas no propio informe ambiental e na documentación avaliada