Actualidade
Buscador de novas
Gómez Caamaño chama a estreitar os vínculos entre a sanidade pública e a universidade para que os médicos do futuro atopen en Galicia o mellor lugar para formarse
Subliña o compromiso da Xunta coa formación sanitaria especializada, que acada este ano un novo récord con 725 prazas, 207 delas de medicina familiar e comunitaria
A Xunta inviste 22,4M€ en actuacións de reforzo de firme en estradas autonómicas na provincia da Coruña ao paso por 31 concellos
En Vimianzo, a Xunta está a actuar en 2,5 quilómetros da AC-552 no marco dun proxecto para intervir en 8 viarios autonómicos ao paso por 10 concellos da Costa da Morte, cun investimento de 3,4M€
O Camiño da Costa enfila o seu peregrino 100.000 tras outro verán de récord cun incremento d0 26%, o maior de todos os itinerarios Xacobeos
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, fixo balance este martes dos datos da ruta que atravesa Vigo e visitou aos peregrinos que se aloxan no albergue
A Xunta destina máis de 8 M€ a dar continuidade á gratuidade nas escolas infantís e puntos de atención á infancia de titularidade municipal
Neste curso póñense a disposición das familias máis de 32.000 prazas de balde en centros de 0 a 3 anos públicos, de iniciativa social e privados
A Xunta promove en Madrid o destino Galicia cunha exposición sobre turismo activo na Casa de Galicia
A aposta polo turismo de natureza é un dos ámbitos con maior capacidade para avanzar na desestacionalización da oferta turística da comunidade
Educación planifica coa Rede de Formación do Profesorado o impulso de 6.400 actividades este curso
O director xeral de Centros e Recursos Humanos reúnese cos directores da rede para abordar o calendario formativo, que este curso se centra, sobre todo, no reforzo das competencias clave como matemáticas e lectura
A Xunta participa na presentación da Visión Estratéxica 2026–2028 da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para reforzar a cooperación neste territorio
O director xeral de Relacións Exteriores e coa EU, Jesús Gamallo, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participaron en Vigo no acto de presentación
A Xunta advirte de que o novo reparto estatal da cota de sardiña deixa ao xeito en desvantaxe fronte ao resto da flota
A Consellería do Mar alerta de que a resolución publicada o 11 de setembro incorpora as 383,9 toneladas do mecanismo de optimización a unha bolsa común sen prever unha asignación específica para esta arte tradicional