Actualidade
Buscador de novas
A Xunta impulsa a expansión exterior do tecido industrial marítimo-pesqueiro galego cun investimento de 90 M€
Na actualidade, Galicia é 15ª potencia exportadora mundial de produtos pesqueiros, alcanzando as empresas en 2023 un volume de facturación de 2.800M€
Belén do Campo anima aos concellos a solicitar os 3,5 M€ da orde de axudas para a creación e mellora de infraestruturas municipais
A delegada visitou Teo para comprobar a obra realizada no marco desta medida, que impulsou 7 proxectos municipais na comarca de Santiago en 2024
A Xunta lanzará o venres a nova orde de achegas para os centros comerciais abertos potenciando a súa excelencia e capacidade de dinamización territorial
José González avanza que a convocatoria de 2025, que amplía o orzamento ata os 2,5 M€, busca potenciar esta figura clave para a vertebración das vilas e cidades galegas, sinalando que as asociacións poderán concorrer a premios extraordinarios de 50.000 euros
A Xunta destaca o proxecto Enoturismo María Manuela de Boqueixón como iniciativa de emprendemento e dinamización no rural
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou o complexo turístico, que se construíu e ampliou cunha aportación de algo máis de 310.000 euros procedente do programa Leader
Preto de 2.000 escolares de toda Galicia participan este ano no ‘Proxecto Terra’ , impulsado pola Xunta e o COAG
Allegue explicou que esta iniciativa se enmarca na colaboración da Xunta co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, mediante este proxecto que cumpre 25 anos
A Xunta destinou o ano pasado 1,5 M€ a obras e dotación de equipamento de 162 entidades veciñais da provincia de Pontevedra
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presentou hoxe a colectivos de Lalín a convocatoria deste exercicio publicada a mediados de mes e á que se poden presentar as solicitudes ata o 17 de febreiro
A Xunta aproba unha nova planificación para liderar a acción climática en España, con case un cento de medidas e máis de 1.700 M€ en investimentos ata 2030
Ángeles Vázquez explica que o PRIEC guiará dunha forma transversal as políticas galegas no eido da mitigación, a adaptación, a investigación e a sensibilización fronte ao quecemento global
A Xunta recibe 7 ofertas para renovar o firme de 5 estradas en 11 concellos da área de Pontevedra e da comarca do Salnés, cun investimento de 3,3 M€
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo, Meaño, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, O Grove, Cambados e Ribadumia
O DOG publica o Plan Camiña Rural, dotado con preto de 19,5 M€ para renovar camiños e mellorar a competitividade das explotacións agrarias
O obxectivo deste programa é financiar as actuacións de mellora e mantemento dos camiños municipais que dan acceso a parcelas agrícolas