Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta pon en valor a nova tenda ‘Arroupa’ de Cáritas en Carballo como unha aposta polo emprego inclusivo e pola economía circular
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, asistiu hoxe á inauguración do establecemento, destacando que esta empresa de inserción recibe apoio do Goberno galego para garantir a súa actividade
A Xunta fomenta a remuda xeracional na artesanía a través de seis cursos de formación especializada
A Fundación Artesanía de Galicia abre as inscricións para os cursos de forxa, ourivería, olería de Buño, sombreirería e xastrería, este último en dúas quendas, que se van desenvolver en diferentes localidades galegas a partir do mes de outubro
A Xunta inaugura en Ourense os encontros ‘Ultreia’ para impulsar o emprendemento e a xeración de riqueza na totalidade do territorio galego
José González destacou que os encontros se levarán a cabo en colaboración coas confederacións empresariais provinciais e galega no marco do programa Ultreia Galicia Rexión Emprendedora, retos e solucións para un territorio intelixente
A Xunta reúnese co tecido comercial ourensán para avanzar no proceso participativo de cara á elaboración do plan estratéxico do sector
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mantivo hoxe un encontro con representantes de asociacións de comerciantes e de centros comerciais abertos da provincia de Ourense
A Xunta destaca o papel da Festa da Tinería de Lugo a prol da dinamización do barrio e a posta en valor dos produtos galegos
Javier Arias visitou a terceira edición deste evento, organizado pola Asociación de Empresarios do Barrio da Tinería, Itineris, co apoio do Goberno autonómico
A Xunta apoia a divulgación do oficio tradicional da elaboración de zocos na foliada de Elena Ferro
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse ata este evento anual que se organiza no taller Eferro para presentar o proxecto ‘Artesanía na escola’, co que a Xunta busca achegarlle os oficios artesanais aos alumnos de Primaria
A Xunta enxalza o papel do `Lar Gallego de Avilés´ na divulgación da idiosincrasia galega e como punto de encontro da comunidade galega en Asturias
José González puxo de relevo o traballo destas entidades a prol da cultura e tradicións de Galicia e o compromiso do Goberno autonómico para asegurar que sigan sendo un punto de referencia e de encontro para a comunidade galega fóra de Galicia
A Xunta incorpora máis de 100 empresas galegas e seis espazos protexidos á nova ruta de ecoturismo do norte peninsular que estará lista o vindeiro ano
Participan un total de 331 empresas turísticas locais das catro comunidades autónomas situadas en 25 espazos protexidos da España Verde e permitirá realizar actividades como observación da fauna, turismo activo entre outras