Actualidad
Buscador de noticias
Rueda destaca que Galicia pechou 2024 cun superávit do 0,2%, acadando o 100% de execución e reducindo a débeda
O esforzo investidor acadou o 16,5% dos gastos non financeiros e a débeda reduciuse en 223 M€, incrementándose o investimento real en máis de 200 M€ con respecto ao ano anterior
Agolada mellorará a eficiencia enerxética da Casa do Concello grazas a unha achega da Xunta de preto de 120.000 euros
O delegado territorial destacou a importancia de levar a cabo obras que diminúan os gastos correntes dos concellos, así como a súa pegada de carbono
Belén do Campo reúnese co alcalde de Oroso para seguir avanzando nas vías de colaboración entre ambas administracións
A delegada da Xunta animou ao rexedor a solicitar algunhas das liñas de axudas abertas dirixidas aos Concellos como o Fondo de Compensación Ambiental, a orde de Infraestruturas ou as axudas do Plan Camiña Rural
A Xunta destaca que a condonación da débeda das CC.AA. incrementaría en 470€ a débeda por habitante en Galicia
O secretario xeral Técnico e do Tesouro, David Cabañó, incidiu en que a condonación é unha redistribución da débeda, é dicir, non desaparece, senón que se reparte entre todos os españois, prexudicando ás comunidades menos endebedadas
Rueda reivindica a unión de forzas en torno á Declaración de Santiago para garantir que todos os españois accedan aos servizos públicos coa mesma calidade
Espera que a renovación da adhesión a este acordo promovida xunto co presidente de Aragón “teña éxito e apoio” xa que é “máis necesaria que nunca”
Miguel Corgos avanza que no primeiro semestre deste ano celebraranse os exames de 31 procesos selectivos
O conselleiro de Facenda e Administración Pública explicou que os máis de 13.000 aspirantes destes procesos poderán optar a 1.164 prazas
A Xunta subvenciona con preto de 34.000 euros a pavimentación do vial na contorna da Capela de San Antonio de Penalba, en Campo Lameiro
O delegado territorial destacou a importancia de levar a cabo obras que melloren o día a día dos veciños e veciñas e que aposten pola seguridade viaria