Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.173 novas da área temática Formación:

29/10/2024 | 09:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amplía ata case 12 M€ as axudas dos programas integrados de emprego para favorecer as oportunidades laborais pegadas ao territorio

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que incrementa en máis de 1,7 M€ o crédito da última convocatoria destas achegas, o que supón unha suba superior ao 15% e que impulsará as oportunidades laborais dunhas 5.800 persoas desempregadas

28/10/2024 | 15:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo anuncia que a Xunta financiará un obradoiro para persoas mozas, con case 410.000 M€, para formar 15 persoas sen emprego de Boiro, A Pobra e Rianxo

Belén do Campo sinalou que estas iniciativas, financiadas polo Goberno galego, tamén reforzan a colaboración coas entidades locais e permiten que as persoas que participan nelas obteñan un certificado de profesionalidade

28/10/2024 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convocará en 2025 como mínimo 1.600 prazas de profesorado malia a baixada do alumnado para seguir mellorando un dos mellores rateos de España

Román Rodríguez detalla uns orzamentos que superan por primeira vez os 3.000 M€ nas áreas de educación e ciencia apostando claramente polo futuro de Galicia, o que volve situar á nosa Comunidade como unhas das que máis inviste por alumno

28/10/2024 | 13:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta eleva a 180 as persoas beneficiarias da segunda fase do proxecto pioneiro de arraigamento por formación para migrantes ao sumar á ONG Rescate Internacional

O Consello do Goberno galego autorizou a sinatura dun convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e esta entidade, que se une aos xa en marcha con Cáritas Federadas en Galicia, Cáritas de Lugo e as Escolas Familiares Agrarias

28/10/2024 | 12:17 | C. de Política Social e Igualdade
27/10/2024 | 12:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia potencia a súa rede de centros de investigación universitaria cun intercambio de experiencias e aproveitamento de sinerxías co Pais Vasco

Unha delegación integrada por representantes da Xunta, das tres universidades públicas galegas e dos dez centros de investigación da Rede CIGUS participarán esta semana nunhas xornadas en Biscaia sobre o papel que xogan estes centros no eido científico

24/10/2024 | 14:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta presenta en Lugo unha guía sobre riscos psicosociais con motivo da Semana Europea para a Seguridade Laboral

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que incorpora os desafíos que supoñen os novos modelos de traballo e incorpora medidas preventivas no marco do recentemente creado laboratorio de riscos psicosociais do Issga coa USC

23/10/2024 | 12:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta inviste preto de 440.000 euros na formación de mozos desempregados de Ferrolterra a través do obradoiro de garantía xuvenil ‘Inicia VIII’

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, deu a benvida aos alumnos que desenvolverán a súa formación na modalidade de fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial

23/10/2024 | 12:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza no reto da cobertura de vacantes apostando pola formación flexible e garantindo o acceso laboral dos colectivos prioritarios

José González destacou o papel referente desta compañía e salientou a importancia de que a Administración e as empresas aborden solucións conxuntas a prol da atracción de talento e a mellora da empregabilidade