Actualidade
Buscador de novas
A Xunta de Galicia remite a Costas do Estado os acordos de reversión de terreos portuarios declarados innecesarios
O Consello do Executivo galego aprobou o traslado do expediente ao Ministerio de Transición Ecolóxica dando así por rematados os trámites de competencia autonómica no procedemento de devolución ao Estado da titularidade de solo que rexistra uso público veciñal para que se transfira, no seu caso, aos Concellos
Galicia terá este ano 108 praias con bandeira azul e consolídase como a terceira comunidade autónoma con máis galardóns
A Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) tamén recoñece un total de 12 portos deportivos galegos, 1 deles de nova incorporación, e 17 centros de interpretación e aulas da natureza, dos cales 2 reciben a insignia por primeira vez
Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e o máis húmido dos últimos seis anos
O avance do informe mensual de MeteoGalicia conclúe que, durante este período, as precipitacións na Comunidade foron un 64% superiores ao valor climático normal
A Xunta salienta o coidado e respecto ao medio ambiente das empresas galegas que teñen acreditada a súa produción coa etiqueta europea Ecolabel
Ángeles Vázquez pon en valor o esforzo das 18 compañías asentadas en Galicia que contan con este distintivo europeo, pois é voluntario e certifica un xeito de producir máis respectuoso que, ás veces, implica maiores custos
A Xunta destina máis de 240.000 € a axudas para actuacións de conservación e posta en valor do patrimonio natural e cultural nas Fragas do Eume
Ángeles Vázquez explica que, en total, se concederon 103 axudas por un importe total de 1,4 M€ para acometer actuacións de cara a protexer a biodiversidade, paisaxe e patrimonio cultural e ecolóxico nos seis parques naturais galegos
Rueda avalía cos alcaldes da Mancomunidade de Verín iniciativas para mellorar os servizos de abastecemento e saneamento da comarca
O presidente da Xunta mantivo hoxe un encontro cos rexedores no que lles trasladou as diferentes liñas de axudas que Augas de Galicia pon a disposición dos concellos
A Xunta realiza labores de conservación nun tramo de 7,2 quilómetros do río Regueira, no concello de Xove
As tarefas que realiza Augas de Galicia no municipio lucense prolongaranse durante arredor de sete semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta destina máis de 1 M€ á instalación dun sistema completo de trazabilidade de residuos en toda a infraestrutura industrial de Sogama
As actuacións adxudicadas centraranse nas plantas de transferencia, nas catro de compostaxe, nas propias instalacións de Cerceda e nas dúas terminais ferroviarias