Actualidade
Buscador de novas
A Xunta exixe ao Goberno central o mesmo trato que outras comunidades e que concrete xa os medios que prevé traspasar a Galicia para xestionar a súa costa
Ángeles Vázquez lamenta que o borrador de acordo remitido polo Executivo central non concreta nin os medios nin o persoal que transferiría e ten grandes diferenzas en relación con outras autonomías como Cataluña, Canarias ou Andalucía
A Xunta avanza na súa colaboración co concello de Boborás para impulsar a xeración de emprego e emprendemento co gallo de fixar poboación no rural
No encontro tratáronse cuestións como os obradoiros de emprego e as posibilidades que ofrece o municipio ourensán para as persoas emprendedoras
Ourense será a primeira provincia galega en contar cunha cartografía actualizada e máis detallada para facilitar a xestión do territorio a nivel local
O Goberno galego destinará 1,2 M€ a cartografar máis de 617.000 hectáreas co obxectivo de poñer á disposición das entidades locais, das empresas e dos particulares, información máis precisa sobre o territorio
A Xunta remata a mellora do firme de 28 quilómetros da vía LU-530 entre Castroverde, Baleira e A Fonsagrada, á que destinou 1,2 M€
O delegado territorial, Javier Arias, explica que a actuación executouse en dous treitos da estrada, o que une as travesías de Castroverde e O Cádavo e o que transcorre entre A Lastra e A Fonsagrada
A Xunta licita por 81.229€ as obras da conexión do paseo fluvial co centro urbano na Serra de Outes
Os traballos enmárcanse no Plan Hurbe da Xunta e teñen como obxectivo reformar o ámbito entre a avenida San Campio e o paseo fluvial do río Tines na Serra de Outes, no concello de Outes
Rueda pon a Lei do litoral como exemplo da aposta de Galicia polas políticas de aproveitamento sostible dos recursos naturais
Indica que o ministro de Política Territorial confirmou o “envío próximo” dun primeiro borrador para iniciar a negociación coa Xunta e convocar despois a Comisión Mixta de Transferencias
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o acordo da aprobación definitiva do proxecto para a construción dunha senda na estrada autonómica PO-407 en Porriño
O DOG tamén recolle hoxe a aprobación das expropiacións para executar un itinerario de case 1 km pola marxe dereita da vía, para dispor dun novo espazo para tránsito peonil independente da calzada nunha zona de vivendas e acceso ao colexio Cruz de Budiño
A Consellería do Mar aborda co sector a situación da campaña de libre marisqueo na ría de Ares-Betanzos
Acordáronse medidas de xestión enfocadas a optimizar os prezos de cara á campaña de Nadal
Galicia avoga por unha política de cohesión europea máis forte e moderna onde as rexións teñan un papel fundamental para abordar os retos de cada territorio
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, interveu hoxe no Parlamento Europeo nun foro sobre o futuro da política de cohesión da Unión Europea