Actualidade
Buscador de novas
A Consellería do Medio Rural impulsou a creación de dous pasteiros nos municipios do Irixo e Forcarei, con actuacións en case 40 hectáreas
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, José Balseiros, visitou hoxe os pasteiros do monte de Baxín, no Irixo, e o do Sixto en Forcarei, para os que se destinaron 153.460 e 177.518 euros, respectivamente
Un total de 728 viticultores beneficiáronse das axudas da Xunta para a conservación paisaxística e loita contra a erosión de viñedos da Ribeira Sacra
A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG a resolución da última convocatoria destas axudas, dotadas con máis de 1,5 millóns de euros
Medio Rural anima á aplicación de fitosanitarios contra o verme defoliador do millo e urxe ao Goberno central axilizar as negociacións para os drons
Anunciouno hoxe a conselleira María José Gómez despois de manter unha xuntanza con representantes de Unións Agrarias, na que se avaliou a afectación deste invertebrado neste cultivo, que é unha das principais forraxes para o gando
A Xunta destaca a calidade diferenciada como ferramenta para crear valor engadido e fortalecer o sector agroalimentario
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na entrega de premios da XXVII Cata dos Viños de Valdeorras, onde destacou a importancia da DO Valdeorras como exemplo da aposta pola autenticidade, a diferenciación e a vinculación co territorio que caracterizan aos viños galegos
A Xunta salienta o seu compromiso polo aproveitamento sustentable do monte galego
A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, xunto co director da Xera, participaron hoxe na clausura do Grupo Provincial de Rematantes e Aserradoiros de Madeira de Pontevedra, onde sinalaron que a nosa comunidade está consolidada como un referente no sector forestal
Medio Rural destaca o papel das razas autóctonas como patrimonio, identidade e oportunidade de desenvolvemento para o rural galego
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou este mediodía na I Festa Gastronómica da Cachena
Medio Rural publica o aviso fitosanitario para reforzar a loita contra o insecto vector da flavescencia dourada da vide
A Xunta lembra a obriga de aplicar tratamentos fitosanitarios autorizados contra o insecto Scaphoideus Titanus, causante da flavescencia dourada e nocivo para as vides
María José Gómez destaca o incremento en 1,5 M€, ata os 11 M€, das axudas para os seguros agrarios e anima a unha maior contratación no eido agrícola
Así o puxo en valor a conselleira do Medio Rural durante a súa visita a un viñedo en Ribadumia na que lembrou tanto a agricultores como a gandeiros a importancia de subscribir pólizas para protexer as súas producións
A Consellería do Medio Rural destinou case 337.000 € a tres pasteiros en Chandrexa de Queixa e Manzaneda con actuacións en case 30 hectáreas
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, comprobou hoxe os traballos realizados e destacou a súa contribución ao desenvolvemento rural, á conservación da biodiversidade e á prevención de incendios