Actualidade
Buscador de novas
Rueda avanza que no 2026 estarán xa en marcha as 4.000 vivendas comprometidas para duplicar o parque público de Galicia e chegar así ás 8.000
Destaca que Galicia conta cun Goberno que “cumpre cos seus compromisos” e que “seguiremos apostando por esa Galicia Calidade da que cada vez máis galegos e galegas se poidan sentir orgullosos”
A Xunta investirá 2 M€ en 2026 en habilitar o Camiño do litoral para unir a Galicia costeira de norte a sur e poñer en valor todo o seu patrimonio
A senda, de 1.300 quilómetros e dividida en 52 etapas, poderá percorrerse desde Ribadeo ata A Guarda, a pé, e de Ribadeo ata Tui, en bicicleta
Un total de 17 concellos costeiros galegos xestionarán en 2026 os servizos de tempada no seu litoral
Tras o traspaso a Galicia o pasado 1 de xullo das funcións e servizos para a xestión do litoral, esta é a primeira vez que o Goberno autonómico tramita de forma directa este tipo de solicitudes na zona de dominio público marítimo-terrestre
Amplíase o prazo para optar á liña de axudas de 5 M€ para o embelecemento de establecementos situados na franxa da costa que activa o Plan do litoral
Segundo o Diario Oficial de Galicia publicado hoxe, o prazo amplíase ata o 12 de decembro
A Xunta retira 94 m3 de residuos das praias afectadas polo vertido de aceite de palma no porto de Vigo
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático manterá o seguimento desde terra, cun operativo de 12 persoas, 4 carretillas de carga e 2 mini retroescavadora
A Xunta activa a alerta laranxa por chuvia nas provincias da Coruña e de Pontevedra
Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)
A Xunta salienta que Barbanza é a comarca con máis elementos no Catálogo de bens culturais no litoral, que contribuirá a poñer en valor o patrimonio costeiro
Ángeles Vázquez avoga por un litoral vivo e activo no que se conxugue a protección do patrimonio cultural e ambiental coa actividade económica e social
A Xunta inclúe no novo Catálogo de bens de valor cultural no litoral un total de 1.582 construcións
De todos os elementos inventariados ao longo da costa galega, máis da metade serían susceptibles de novos usos compatibles coa conservación dos seus valores
A Xunta salienta a enxeñaría galega como ferramenta clave para afrontar a xestión do litoral e a loita contra o cambio climático
Ángeles Vázquez explica que na xestión integrada da costa, a enxeñería vai ser determinante en áreas como a recuperación de bens de valor cultural, as infraestruturas ou a implantación de novos proxectos produtivos
Medio Ambiente reserva nos seus Orzamentos de 2026 unha partida sen precedentes de 35,5 M€ para que sexa o ano do impulso á xestión autonómica do litoral e das políticas relacionadas co clima
Tras asumir o autogoberno pleno da costa, convocarase a primeira orde de axudas para chiringuitos biosostibles (1 M€) e poranse en marcha o rexistro de autorizacións e concesións e o novo procedemento integrado para tramitar os títulos do litoral