Actualidade
Buscador de novas
A Xunta garante que dous de cada tres servizos do Transporte Público de Galicia realízanse en autobuses accesibles para persoas con mobilidade reducida
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, sinalou que o Goberno galego fixa nas condicións de accesibilidade que deben cumprir os contratos licitados no Plan de Transporte Público de Galicia condicións máis esixentes que a normativa estatal
A Xunta publica a convocatoria para 2026 das probas para exercer como xestores de transporte de viaxeiros ou de mercadorías por estrada
As persoas interesadas disporán de ata catro chamamentos para facer o correspondente exame e haberá tamén catro períodos de inscrición a partir de mañá
A Xunta avalía cos concellos da Área de Transporte Metropolitano de Lugo o estado do servizo
A directora xeral de Mobilidade participou na reunión, enmarcada no compromiso da Administración autonómica de celebrar encontros semestrais en todas as áreas de transporte metropolitano
A Xunta destaca o labor de planificación e seguimento no transporte escolar para adecualo cada curso ás novas necesidades
A directora xeral de Mobilidade aborda no Parlamento os axustes realizados nos servizos do IES Terra do Xallas, en Santa Comba, para resolver as incidencias detectadas
A Xunta insiste na necesidade de que todas as administracións se impliquen e aporten para que o grupo de traballo para a conectividade aérea de Galicia poida avanzar
A directora xeral de Mobilidade participou na primeira xuntanza do grupo creado a proposta do Goberno galego no marco do último Comité de Coordinación Aérea de Galicia
A Xunta pon en valor o Plan de transporte público de Galicia ao que en 2026 se destinarán máis de 160 M€ para o funcionamento do servizo e o mantemento das bonificacións
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, explicou no Parlamento galego que o Goberno galego trata de ofrecer solucións ás demandas da cidadanía coa dotación de máis prazas e frecuencias e axustes de horarios para adecuar a oferta de servizos ás novas necesidades
A Xunta activa a alerta laranxa por chuvia nas provincias da Coruña e de Pontevedra
Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)
A Xunta aproba a revisión da composición e votos dos departamentos e seccións que integran o Comité Galego de Transporte por Estrada
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a revisión do organismo, do que forman parte 12 asociacións e federacións, oito delas en representación do departamento de transporte de viaxeiros e as catro restantes no de mercadorías
A Xunta inviste 80.300 euros no reforzo do firme da avenida de Becerreá, en Sarria
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego está a traballar na rehabilitación do pavimento da estrada autonómica LU-635, que mide algo máis dun quilómetro e conecta coa LU-636 en Vilar de Sarria
A Xunta aproba definitivamente os Mapas estratéxicos de ruído da Rede autonómica de estradas de Galicia
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar esta semana o anuncio polo que se aproba o expediente de información pública e definitivamente os mapas estratéxicos de ruído da rede de estradas de titularidade da Xunta correspondentes á cuarta fase