Actualidade
Buscador de novas
Allegue presenta en Lugo a actuación para transformar a rúa de Serra de Meira, na que a Xunta investirá 1,1 M€
A Xunta asumirá o custe desta actuación integral de mellora deste viario municipal, coa renovación do firme, a dotación de novas beirarrúas e a completa renovación dos servizos urbanos entre outras intervencións
A Xunta ofrecerá vivendas de reemprazo aos afectados polas expropiacións do PIA de Monte Mero, na Coruña
O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, acaba de convocar ás persoas afectadas a unha reunión para explicarlles o proceso o día 25
A Xunta adxudica por 278.000 euros as obras da humanización e mellora do núcleo de Pazo, no concello de Crecente
Trátase de mellorar o pavimento do viario municipal neste núcleo da parroquia de Santa María de Rebordechán, incluíndo a mellora da capa de rodadura e ensanches nalgunhas zonas
A Xunta formaliza o contrato para a execución dun centro de interpretación da natureza en San Pedro de Narla, en Friol, por un investimento de máis de 190.000 euros
Construirase unha edificación de tipo tradicional, en consonancia coas edificacións existentes no núcleo desta parroquia do municipio lucense
Allegue destaca que o novo edificio polivalente de Carragoso, en Lalín, será un punto de encontro da veciñanza e contribuirá á dinamización da contorna
Esta actuación é froito do convenio de colaboración asinado en febreiro do ano pasado entre a Deputación de Pontevedra e a Xunta, que aportou unha achega de máis de 259.000€
A Xunta adxudica por preto de 390.000 euros a reforma do cruzamento de Setados na PO-400, no concello das Neves
Trátase de actuar na intersección situada no quilométrico 9+980 desta vía, punto de acceso principal a esta parroquia do municipio pontevedrés
A Xunta e o Concello de Leiro colaboran na humanización da Rúa Rei de Viana, que suporá un investimento de 240.000 €
A través desta intervención, abordarase a repavimentación desta rúa que une a Casa Consistorial coa Biblioteca, ademais de actuar nas redes de saneamento e abastecemento, na reparación do mobiliario urbano e na renovación da iluminación