Actualidade
Buscador de novas
A Xunta abre o martes o período de solicitude de praza nas escolas infantís públicas autonómicas
Os pais e nais poderán solicitar unha das máis de 10.500 prazas ofertadas ata o vindeiro 7 de abril
A Xunta asina con 4 entidades bancarias os convenios para impulsar o aval dirixido a facilitar a adquisición da primeira vivenda, especialmente para menores de 36 anos
Destínanse 5M€ de fondos propios da Xunta a avalar o préstamo hipotecario na adquisición por parte da mocidade do seu fogar, mentres que no caso de vivenda protexida non existe límite de idade para acceder a estes avais
López Campos enxalza o importante intercambio cultural entre a mocidade de Galicia e o Xapón que supón o programa ‘A Xuventude no mundo’
Salienta que a iniciativa leva 16 anos promovendo que “rapaces xaponeses coñezan a nosa cultura, lingua e patrimonio, ao tempo que permite á galega afondar na nipoa”
Galicia rexistra unha tendencia sostida á baixa no consumo de alcohol e drogas nos alumnos de ensinanzas secundarias
O presidente subliña que os resultados da enquisa Estudes 2025 confirman que a comunidade presenta un perfil de consumo máis favorable que a media estatal
A Xunta abre mañá o prazo para apuntarse en 16 novos cursos de xuventude e voluntariado
A formación aborda aspectos como o uso da intelixencia artificial, a educación emocional, a iniciación aos deportes náuticos ou as habilidades sociais
A Xunta suma preto de 3700 participantes no programa Parlamento Xove
López Campos destaca o interese da mocidade nesta iniciativa que vai xa pola 17ª edición coa participación de máis de 750 equipos desde a súa posta en marcha
O conselleiro de Educación salienta o dinamismo da biblioteca escolar do colexio Menéndez Pelayo de Lugo
Román Rodríguez visitou esta semana o centro, que vén de incorporarse a Radio na biblio e participa en diferentes iniciativas impulsada pola Xunta
Gómez Caamaño salienta que Galicia marcará mañá un antes e un despois na protección da saúde dos menores coa entrada en vigor dunha das leis contra as adiccións máis ambiciosas de Europa
A norma, que entrará en vigor este sábado, equiparará as bebidas enerxéticas ao alcol e os cigarros electrónicos ao tabaco
A Xunta lanza unha campaña para evitar o ciberacoso entre a mocidade fomentando un uso responsable e empático das novas tecnoloxías
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon en marcha mañá no municipio lucense de Chantada esta iniciativa que percorrerá seis centros Xove durante un mes
A Xunta recibe máis de 2.600 solicitudes para pedir o Bono Emancípate en dúas semanas
Lara Meneses apunta que a intención, co aumento da contía este ano ata os 3M€, “é chegar a unhas 400 persoas máis que no 2025, cando se acadaron 1.066 axudas”