Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da área temática Discapacidade:

21/01/2026 | 11:33 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García subliña que a nova achega da Xunta ao SAF implica unha suba do 50% na lexislatura e duplica as contías de 2020

A conselleira incide na necesidade de que o Executivo central “cumpra coa lei de dependencia” e achegue o 50% do financiamento, unha situación que provoca que a débeda con Galicia acade este ano os 2.900 M€

20/01/2026 | 11:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia actuacións de 167 entidades do terceiro sector a través das axudas con cargo ao 0,7% do IRPF

Destínanse 34,7 millóns de euros a financiar 773 programas e investimentos de entidades de toda Galicia

08/01/2026 | 13:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a aposta da Federación Down Galicia pola formación e o acompañamento de cara á inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade

José González gabou o seu afán por facilitar o acceso ao emprego das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, mellorando a súa cualificación e acompañándoas na incorporación e mantemento no mercado laboral

30/12/2025 | 13:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta felicita a HC San Rafael por impulsar desde hai máis de 75 anos un belén tradicional elaborado polo persoal e os usuarios da entidade

A entidade conta na actualidade con varios centros que dispoñen de 188 prazas públicas financiadas pola Xunta  para persoas con discapacidade, cun investimento anual de 2,9 M€

23/12/2025 | 14:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta incrementa ata os 1,2 M€ as axudas á contratación de persoas con discapacidade en Ferroltera a través de centros especiais de emprego

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá en Narón a asesoría Servigami, unha das entidades beneficiadas coa ampliación do crédito orzamentario da que foi obxecto esta convocatoria da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

23/12/2025 | 13:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta participa na 30 edición do certame autonómico de Tarxetas de Nadal de Special Olympics Galicia

Presentáronse máis de 900 deseños elaborados por usuarios dunha trintena entidades sociais especializadas na atención á discapacidade intelectual

22/12/2025 | 15:28 | C. de Política Social e Igualdade

O delegado territorial visita aos usuarios do centro ocupacional para a atención de persoas con discapacidade psíquica de Verín no seu 25 aniversario

Manuel Pardo destacou o apoio da Xunta a esta asociación coa que colabora no financiamento de 17 prazas cunha achega de máis de 205.000€ anuais, co fin de mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 18 anos con discapacidade intelectual e das súas familias

21/12/2025 | 12:23 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García coñece a localización que o Concello de Outes propón para a creación dun centro residencial para persoas con discapacidade

A conselleira de Política Social e Igualdade lembrou o compromiso da Xunta coa atención ás persoas maiores, dependentes e á infancia deste municipio