Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana visita as novas instalacións da Oficina Económica do Igape, que leva atendido xa máis de 5.000 consultas de empresas
En concreto, foron 5.446 consultas recibidas ata o de agora, un 78 por cento delas, resoltas no momento; concertáronse 323 reunións con empresas, e prestouse asesoramento personalizado a 146 proxectos de especial relevancia
Máis de medio cento de empresas galegas participarán a vindeira semana na feira do sector naval de Hamburgo grazas ao apoio da Xunta
Trátase da feira máis importante a nivel internacional sobre construción naval, maquinaria e tecnoloxía marítima, que se celebrará do tres ao seis de setembro
A Xunta e a Autoridade Portuaria da Coruña exploran novas vías de colaboración para contribuír ao desenvolvemento industrial do porto exterior
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, e a directora do Instituto Económico de Galicia (Igape), Covadonga Toca, mantiveron hoxe un encontro co presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado
A economía galega medrou un 2,5% no segundo trimestre de 2024 en relación ao mesmo período do ano anterior
O PIB galego creceu un 0,5% en relación ao primeiro trimestre do ano
A Xunta lembra que as startups galegas aínda poden solicitar as axudas para impulsar proxectos emprendedores innovadores
A directora do Igape, Covadonga Toca, asistiu ao encontro sobre emprendemento ‘Meetup na Praia’ que busca facilita o intercambio de valor entre os asistentes, promovendo a aprendizaxe e a innovación
Preto dun cento de mozos e mozas optan ás 50 prazas do programa de bolseiros de internacionalización da Xunta para facilitar ás pemes galegas a saída a novos mercados
O Goberno galego destina 3M€ a unha convocatoria dirixida a estudantes con titulacións universitarias de grao superior, que agora poderán formarse en diferentes destinos mundiais mellorando a súa empregabilidade
A Xunta avanza no proceso participativo para activar o Plan Estratéxico do comercio a comezos de 2025
No marco dese proceso de escoita, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse hai uns días coa Asociación de comerciantes industriais, servizos e autónomos (Acisa) de Ribadeo, xunto co alcalde e outros representantes municipais
A Xunta inviste máis de 7,1 millóns de euros en 17 novos obradoiros de emprego duais en Lugo
O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que as accións aprobadas implican a 46 concellos e beneficiarán a 340 persoas sen traballo
A Xunta pon de relevo o pulo aos programas e axudas activos para dotar as empresas dos perfís profesionais que precisan
Na xuntanza tratáronse cuestións como o programa Retorna Cualifica Emprego, as Unidades Formativas para Empresas e os Bonos Talento Empresa