Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo destaca o investimento de preto de 140.000 euros na mellora de infraestruturas rurais de Outes
A delegada da Xunta avaliou co alcalde as aportacións da Xunta que serven para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas
A Xunta continuará este luns os traballos de limpeza e roza nas marxes de nove estradas autonómicas ao seu paso por dez municipios das catro provincias
Continuarán estas tarefas en distintas vías de titularidade da Xunta nos seus percorrido polos municipios de Ordes, Cee, Noia, Muros, Vilalba, Xermade, Maceda, Castrelo de Miño, Moaña e Cangas
A conselleira María M. Allegue destaca na Coruña o esforzo licitador da Xunta en vivenda e infraestructuras que acada preto de 210 M€ en tan só 11 meses
M. Allegue subliña que a un mes de cumprirse o ano de lexislatura estanse a acadar cifras récord en licitacións, con case 135M€ en materia de vivenda e preto de 76M€ en infraestruturas
A Xunta inicia as obras de humanización da Travesía de Palmeira, no concello de Ribeira, nas que inviste preto de 3 M€
A actuación abrangue un quilómetro desta AC-305 ao paso por Palmeira na que se priorizará o espazo peonil, harmonizarase o espazo con novo mobiliario urbano e habilitaranse zonas verdes
Manuel Pardo supervisa o remate das obras de remodelación da beirarrúa da Ponte Vella cunha nova beirarrúa voada e unha escaleira de acceso á Ribeira do Miño
A intervención nesta beirarrúa situada ao inicio da Ponte Vella inclúese nas actuacións que se están a executar na nova senda entre Os Remedios e Expourense, en Ourense
A Xunta publica hoxe no DOG a aprobación do proxecto de trazado da 1ª fase da conversión en autovía da Vía de Altas Prestacións Brión-Noia
O investimento que o Goberno galego destinará a esta actuación superará os 29 M€
A conselleira María M. Allegue pon en valor o potencial de empresas galegas como SETGA en materia de infraestruturas
Allegue subliñou que dotar as estradas dunha iluminación eficiente é fundamental para reforzar a seguridade viaria, protexendo tanto aos condutores como aos peóns
A Xunta subvenciona con máis de 50.000 euros as obras de substitución da cuberta do ximnasio do CPI Plurilingüe Santa Lucía, en Moraña
A axuda forma parte do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local que concedeu axudas por valor de preto de 850.000 euros para a realización de 17 actuacións na área territorial de Pontevedra