Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.443 novas da área temática Agricultura e gandería:

29/07/2025 | 15:14 | C. do Medio Rural

Medio Rural promociona por primeira vez de maneira conxunta os pementos galegos de calidade diferenciada

Esta acción reuniu os pementos de Herbón (recoñecidos cunha Denominación de Orixe Protexida) e os catro amparados por cadansúa Indicación Xeográfica Protexida: Oímbra, Arnoia, Mougán e O Couto

29/07/2025 | 13:46 | C. do Medio Rural

Medio Rural creará un grupo de traballo específico co sector para unir forzas ante a nova proposta da PAC

A titular deste departamento, María José Gómez, mantivo hoxe unha xuntanza con sindicatos e cooperativas agrarias na que se acordou convocar o Consello Agrario Galego á volta do verán para defender os intereses de Galicia ante esta conxuntura

28/07/2025 | 11:24 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca unha nova edición dos premios que recoñecen iniciativas a prol do desenvolvemento rural

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que fai oficial unha nova edición dos galardóns da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que contarán cun primeiro premio de 10.000 euros e un segundo de 3.000

23/07/2025 | 18:22 | C. do Medio Rural

Medio Rural apoia aos viticultores da Ribeira Sacra con máis de 1,3 M€ para a conservación da paisaxe

A conselleira María José Gómez visitou hoxe en Sober os viñedos dalgúns dos case 800 beneficiarios destas achegas, convocadas por primeira vez a finais do pasado ano

23/07/2025 | 13:41 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca en Oroso o impacto da concentración parcelaria como motor do desenvolvemento rural galego

Pon en valor a utilidade destas concentracións para ordenar o territorio e mellorar a rendibilidade das explotacións

23/07/2025 | 12:53 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 1,5 M€ para a mellora da produción e comercialización de produtos apícolas

A Consellería do Medio Rural vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución destas achegas, das que se beneficiarán 23 persoas, agrupacións e empresas, co obxectivo de impulsar o sector da apicultura