Actualidade
Buscador de novas
A Xunta alerta das consecuencias para pemes e autónomos das políticas laborais deseñadas polo Goberno central fóra da negociación colectiva
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, respondeu hoxe na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego a unha pregunta relacionada co impacto das políticas de emprego do Goberno central na comunidade galega
A Xunta salienta a súa aposta polo desenvolvemento sostible no encontro de Sober
A conselleira do Medio Rural participou hoxe na apertura de O encontro de Sober. Diálogos rural-industria, onde destacou a importancia de preservar a “singularidade” galega ao mesmo tempo que se avanza nos planos económicos, sociais e ambientais
A Xunta colabora en Santiago de Compostela nunha nova xornada do proxecto ‘O camiño do emprendemento musical’
O proxecto ‘O camiño do emprendemento musical’ celebra un novo evento presencial o vindeiro venres 16 de maio na Cidade da Cultura, con profesionais do sector dirixido ás mozas e mozos galegos que estean a barallar este campo como unha saída profesional
A Xunta salienta o compromiso coa continuidade da planta de Sargadelos en Cervo garantindo os postos de traballo e o cumprimento da lexislación vixente
José González puxo en valor que o Goberno autonómico traballa con seriedade e discreción mediando para dar solución á situación de Sargadelos e apelando á máxima responsabilidade das partes
A Xunta consolidará a participación de todos os axentes do tecido produtivo no deseño das políticas de emprego coa institucionalización do diálogo social
José González salientou que a procura de consensos e a escoita activa con patronal e sindicatos son clave para avanzar no fortalecemento do mercado laboral, que vén de acadar a cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica, con 115.545 persoas
Rueda anuncia que Galicia incorporou en abril a preto de 3.000 novos dependentes atendidos, cifra récord mensual desde que hai rexistros
Sinala que o Plan de axilización e simplificación da dependencia e discapacidade axudou a resolver 32.000 expedientes desde o mes de xaneiro, un 70% máis que no mesmo período do ano anterior
A Xunta presenta en Santiago de Compostela unha nova unidade didáctica do proxecto ‘Artesanía na Escola’
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou hoxe no CEIP Pío XII na presentación da segunda das unidades didácticas deste proxecto que busca achegarlle os oficios artesanais a escolares de primaria
López Campos anuncia a creación dun selo para impulsar o uso da lingua no ámbito socioeconómico
O representante da Xunta avanza que as empresas comprometidas co galego terán vantaxe na concesión de axudas e nos procedementos do Executivo autonómico