Actualidade
Buscador de novas
O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo aproba os orzamentos para 2025 con 7,6M€
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na reunión do pleno do organismo
Belén do Campo destaca o investimento de 260.000€ na mellora de infraestruturas rurais de Vimianzo
A delegada da Xunta avaliou coa alcaldesa esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como para a rehabilitación de camiños en zonas de concentración parcelaria
A Xunta avalía coa Federación Ecoloxista Galega a participación das entidades ambientalistas no Foro do litoral
Ángeles Vázquez destaca que trala rolda de contactos con todas as entidades implicadas, o Executivo galego espera aprobar a mediados do próximo mes o acordo de inicio do decreto sobre a composición deste órgano colexiado
A Xunta licita por preto de 185.000€ a impartición de 32 cursos de condución segura abertos a 640 motoristas
A Administración autonómica desenvolverá estes cursos nos vindeiros dous anos, con posibilidade de prórroga por outros dous, de xeito que se poderán acadar os 64 cursos, cun investimento de 368.614€
A Xunta comezará esta semana os traballos de limpeza nas marxes de dúas estradas autonómicas ao seu paso polos municipios de Coristanco, Carballo e Ordes
Proseguirán estas tarefas noutras 5 estradas das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, nos municipios do Saviñao, Viveiro, Xove, Ourense e Moraña