Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adquirirá 3.600 novas unidades de material, mobiliario e equipamento para os centros educativos
Licita cinco contratos por preto de 2M€ divididos en 49 lotes para mellorar o material didáctico, deportivo, de laboratorio e cociña dos centros
A Xunta de Galicia recoñece con novas mencións de excelencia dous másteres da UDC e a USC
Os programas distinguidos nesta quinta edición son o máster en Dirección e Administración de Empresas (UDC) e o de Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable (USC)
Alumnado do instituto de Teis, en Vigo, representará a Galicia na final estatal do programa Cansat da Axencia Espacial Europea
O Centro Integrado de FP Compostela acolle a entrega de premios dos proxectos dos 17 equipos participantes na fase galega
A sede da Xunta en Lugo acolle a obra teatral ‘Mozas nas redes’, que conciencia sobre o acoso en redes sociais
Alumnado do IES Sanxillao presenciou hoxe o espectáculo, protagonizado pola actriz Estíbaliz Veiga
Un total de 14.150 alumnos incorporaranse a 4º de Infantil o vindeiro curso cun 33% de prazas libres
Hoxe publícanse as listaxes provisionais de admisión no proceso de escolarización
A Xunta financia con máis de 700.000 € a construción da futura escola infantil de Mos, que contará con 41 prazas públicas gratuítas
A conselleira de Política Social e Igualdade puxo en valor a colaboración co Concello e sinalou que se trata dun novo recurso que tamén potenciará a conciliación familiar na área
A Xunta propón que o vindeiro curso escolar 2025-26 comece o 8 de setembro e remate o 19 de xuño
Educación remite ás organizacións sindicais a proposta de calendario escolar para o seu debate na vindeira reunión da Mesa Sectorial Docente
Román Rodríguez gaba o labor dos docentes a prol dun ensino máis inclusivo, que a Xunta reforzará coa nova estratexia neste eido que se está ultimando
Subliña a “prioridade” do Goberno galego para seguir avanzando no sistema educativo galego líder en equidade e inclusión a nivel estatal
A Xunta destaca o labor da biblioteca do Colexio A Ponte de Lugo a prol da lectura
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa participa na inauguración do novo espazo, no que a Consellería investiu máis de 9.800€ nos últimos anos