Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.441 novas da área temática Agricultura e gandería:

13/07/2025 | 10:12 | C. do Medio Rural

Medio Rural dá visibilidade á innovación no sector cervexeiro cunha xornada sobre cebadas en Abegondo

Nesta iniciativa do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e Cosecha de Galicia SL mostráronse as variedades de cebada que amosaron os mellores rendementos, a maior calidade de gran e abonado que contribuíu a mellorar estas características

12/07/2025 | 10:19 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza o seu apoio ao sector do cereal con xornadas divulgativas en Xinzo de Limia sobre novas variedades de inverno

Este evento, organizado polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, dependente da Consellería, tivo como obxectivo dar a coñecer ao sector as novas variedades recentemente rexistradas e impulsar a renovación varietal nesta comarca

11/07/2025 | 20:02 | C. do Medio Rural

María José Gómez salienta o papel da viticultura na protección da paisaxe e o patrimonio da Ribeira Sacra

A conselleira do Medio Rural participou hoxe na entrega dos XXIX Premios das Catas dos Viños da Ribeira Sacra, celebrada no concello lucense de Pantón

11/07/2025 | 17:39 | C. do Medio Rural

Medio Rural porá en marcha a rede de espazos de especialización e innovación agraria en setembro

A conselleira María José Gómez visitou o Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Becerreá, que será un dos primeiros en acoller as accións formativas desta rede, concretamente no eido da apicultura

11/07/2025 | 16:49 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola formación da rama agraria cun 11 % máis de prazas para o curso 2025/26 nos centros de formación dependentes de Medio Rural

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria compareceu a petición propia para dar conta da oferta formativa impulsada pola Consellería

11/07/2025 | 13:33 | C. do Medio Rural

Medio Rural nomea os vogais do Observatorio do Lácteo, que reunirá o seu novo pleno á volta do verán

A conselleira María José Gómez, en calidade de presidenta do Observatorio, nomeou esta semana os novos vogais, a proposta das entidades ás que se lle outorga a participación neste órgano colexiado de asesoramento, consulta e análise do sector

10/07/2025 | 16:28 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca a aposta de Destilerías Compostela pola innovación e por dotar de valor engadido o produto

A empresa está actualmente centrada na elaboración de cremas, vermús ou bebidas que inclúen bagazo, whisky ou ron

09/07/2025 | 18:08 | C. do Medio Rural

Medio Rural lembra que segue aberto ata o 14 de xullo o prazo para solicitar as achegas de recría de razas autóctonas ameazadas

María José Gómez explicou que o obxectivo destas achegas é apostar pola preservación do patrimonio xenético e produtivo, así como pola sustentabilidade no medio rural