Actualidade
Buscador de novas
Gómez Caamaño salienta o compromiso de 85 concellos na loita contra o tabaco, que eleva ata 249 as praias galegas sen fume
O conselleiro felicita aos 48 municipios que hoxe reciben o diploma na categoría de ouro, por declarar todos os areais do seu concello como espazos libres de fume
A Xunta inviste 1,8 M€ na adquisición de equipamento robotizado para as unidades de rehabilitación do servizo galego de saúde co fin de mellorar a atención a doentes con enfermidades raras
Esta medida enmárcase na Estratexia Galega en Enfermidades Raras 2025-2030 que vén de aprobar o Goberno galego
A Xunta licita por máis de 90.000 euros o subministro de dous sistemas ecográficos para aos servizos de medicina física e rehabilitación e de medicina interna da área sanitaria da Coruña
O Servizo de Medicina Física e Rehabilitación utiliza a ecografía como soporte imprescindible na valoración e tratamento da dor musculoesquelética
A Xunta traslada aos concellos os informes elaborados para guiar a integración das unidades asistenciais de drogodependencia municipais no Servizo Galego de Saúde
As ponencias técnicas creadas no seo da comisión mixta do traspaso presentaron os informes elaborados, que os municipios deberán agora revisar e completar para comezar a materializar a integración
A Xunta remata as obras de reforma do centro de saúde de Domaio, en Moaña, logo dun investimento de preto de 400.000 euros
Esta actuación de mellora supuxo a substitución da carpintería exterior de aluminio, dos paneis da fachada e a impermeabilización das cubertas
A Xunta licita por 1,8 M€ de euros a subministración de equipamento de alta tecnoloxía para os hospitais do Servizo Galego de Saúde
Este equipamento ten como destino o hospital Novo Montecelo de Pontevedra e os hospitais de Barbanza e de Cee
Rueda anuncia que Galicia formará a médicos de Uruguai para implantar o primeiro programa de transplante de pulmón no país latinoamericano
Pasarán estadías no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña para recibir formación técnica e científica sobre este tipo de cirurxías
A Xunta licita por preto de 1,3 M€ a contratación dos servizos para crear un modelo de atención personalizada en rede que evitará desprazamentos a pacientes pediátricos con enfermidades raras
Galicia participa no proxecto Únicas, que permitirá crear unha rede de nodos autonómicos para que todos os pacientes pediátricos con enfermidades raras teñan acceso aos profesionais do centro de referencia da súa patoloxía
Gómez Caamaño avanza a posta en servizo este ano do novo hospital de día de procesos de Vigo, que permitirá realizar 6.000 tratamentos máis ao ano
A apertura deste novo dispositivo asistencial, que conta cun investimento de 1,2 millóns, permitirá optimizar o funcionamento do actual hospital de día, que realiza principalmente tratamentos oncohematolóxicos e que poderá centrar os seus esforzos neses pacientes