Actualidade
Buscador de novas
A Xunta potenciará a formación en oficios tradicionais con bolsas para aprendices co fin de promover a remuda xeracional no eido da artesanía
Esta medida estará dotada con 1 M€ coa previsión de chegar a uns 50 aprendices e complementará ao programa formativo Aprender da tradición. Oficios e técnicas
A Xunta apoia con 941.000 euros a contratación de persoas con discapacidade a través das axudas a centros especiais de emprego de Ferrolterra
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá no polígono Río do Pozo a empresa Galogística, un dos centros beneficiarios desta convocatoria da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Manuel Pardo salienta o labor dos polos de emprendemento na dinamización da economía e creación de emprego
O delegado territorial manifestou que os Polos constitúen unha das principais actuacións para impulsar o emprendemento no territorio como clave para crear actividade económica e fixar poboación
A Xunta destinou preto de 4 millóns de euros ao impulso da dixitalización, modernización e sustentabilidade de 730 comercios locais e artesanais
O delegado territorial visitou o local de New Bikes, en Sanxenxo, e destacou a importancia deste tipo de establecementos que xeran emprego e dinamizan os cascos urbanos dos concellos galegos
A Xunta salienta o dinamismo da mocidade emprendedora de Ourense nun contexto de paro xuvenil en mínimos históricos para un mes de setembro
José González subliñou o compromiso con seguir impulsando novas oportunidades profesionais para os máis novos, tanto por conta propia como allea, como factor estratéxico para o desenvolvemento do tecido socioeconómico de Galicia
Román Rodríguez destaca a creatividade dos 137 alumnos de 16 centros educativos premiados polos seus proxectos en concursos de emprendemento
O conselleiro de Educación participa na entrega dos premios Atrévete a ter unha idea e Eduemprende Idea, enmarcados no Plan de emprendemento no ensino
A Xunta participa en Zamora na reunión da Rede Interterritorial de Seguridade e Saúde no Traballo
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe na xuntanza organizada polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo en colaboración cos organismos competentes das distintas autonomías