Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta abre a convocatoria de axudas para melloras nas infraestruturas municipais dotada con 3,5 M€
A través da orde publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia o Goberno galego apoia a execución de obras nas dependencias municipais, en prazas, parques, paseos e rúas, en redes de luz pública e na pavimentación de camiños municipais, entre outras
A Xunta publica hoxe no DOG a aprobación do proxecto de acondicionamento da AC-421 na Agualada, en Coristanco, na que se inclúe unha senda peonil
Esta actuación de humanización do treito inicial desta vía suporá un investimento de case 764.000 euros e inclúe tamén a mellora de beiravías, do firme e da drenaxe
A Xunta inicia a actualización do proxecto de mellora da rúa Serra de Meira en Lugo, enmarcada no Plan Paradai
A Administración autonómica encargou a actualización deste proxecto, cuxo investimento estímase en máis de 600.000 €
A Xunta somete a información pública o proxecto para executar novas sendas peonís na estrada AC-433 en Laxe, cun investimento de preto de 940.000€
O DOG publica hoxe este anuncio e o prazo para presentar alegacións a este proxecto será de 30 días hábiles contados a partir de mañá
A Xunta prevé rematar en marzo as obras de acondicionamento do treito da antiga N-551 en Tui, nas que inviste un millón de euros
Os traballos desenvólvense nun treito de 600 metros da estrada para realizar adaptacións deste viario á nova configuración da circulación tras a execución da conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 e o polígono de Areas
A Xunta destina 3,5 M€ ao apoio aos concellos coa orde de axudas para a creación e mellora de infraestruturas municipais
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou Malpica de Bergantiños para comprobar as obras realizadas no marco desta medida, que impulsou en 2024 máis dun cento de proxectos en toda Galicia
Xunta e Concello de Baiona asinan o convenio para completar a humanización da travesía interior de Sabarís, que mellorará os espazos peonís da contorna urbana, cun investimento de 1,8 M€
Trátase de intervir no treito de 1,1 km da rúa Julián Valverde, desde o cruce coa rúa José Pereira Troncoso ata a rotonda da rúa Porta do Sol, co que se completarán 2 quilómetros de itinerario peonil accesible nesta travesía
Belén do Campo supervisa a zona na que se levará a cabo o acondicionamento da AC-421 na Agualada, en Coristanco, que suporá un investimento de case 764.000€ e inclúe unha senda peonil
A Xunta prevé licitar a execución das obras ao longo do exercicio