Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.449 novas da área temática Agricultura e gandería:

22/06/2026 | 14:53 | C. do Medio Rural

Medio Rural anima á aplicación de fitosanitarios contra o verme defoliador do millo e urxe ao Goberno central axilizar as negociacións para os drons

Anunciouno hoxe a conselleira María José Gómez despois de manter unha xuntanza con representantes de Unións Agrarias, na que se avaliou a afectación deste invertebrado neste cultivo, que é unha das principais forraxes para o gando

20/06/2026 | 21:21 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a calidade diferenciada como ferramenta para crear valor engadido e fortalecer o sector agroalimentario

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na entrega de premios da XXVII Cata dos Viños de Valdeorras, onde destacou a importancia da DO Valdeorras como exemplo da aposta pola autenticidade, a diferenciación e a vinculación co territorio que caracterizan aos viños galegos

20/06/2026 | 17:26 | C. do Medio Rural

A Xunta salienta o seu compromiso polo aproveitamento sustentable do monte galego

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, xunto co director da Xera, participaron hoxe na clausura do Grupo Provincial de Rematantes e Aserradoiros de Madeira de Pontevedra, onde sinalaron que a nosa comunidade está consolidada como un referente no sector forestal

20/06/2026 | 16:16 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca o papel das razas autóctonas como patrimonio, identidade e oportunidade de desenvolvemento para o rural galego

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou este mediodía na I Festa Gastronómica da Cachena

20/06/2026 | 11:12 | C. do Medio Rural

Medio Rural publica o aviso fitosanitario para reforzar a loita contra o insecto vector da flavescencia dourada da vide

A Xunta lembra a obriga de aplicar tratamentos fitosanitarios autorizados contra o insecto Scaphoideus Titanus, causante da flavescencia dourada e nocivo para as vides

19/06/2026 | 15:35 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca o incremento en 1,5 M€, ata os 11 M€, das axudas para os seguros agrarios e anima a unha maior contratación no eido agrícola

Así o puxo en valor a conselleira do Medio Rural durante a súa visita a un viñedo en Ribadumia na que lembrou tanto a agricultores como a gandeiros a importancia de subscribir pólizas para protexer as súas producións

19/06/2026 | 15:16 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural destinou case 337.000 € a tres pasteiros en Chandrexa de Queixa e Manzaneda con actuacións en case 30 hectáreas

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, comprobou hoxe os traballos realizados e destacou a súa contribución ao desenvolvemento rural, á conservación da biodiversidade e á prevención de incendios

19/06/2026 | 13:58 | C. do Medio Rural

Medio Rural avanza nos trámites da reestruturación parcelaria de Viladonga, en Castro de Rei

A directora xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, fixo hoxe entrega dos boletíns das bases deste proceso aos titulares dos terreos

18/06/2026 | 18:39 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca o papel da innovación e da transferencia de coñecemento para reforzar a competitividade do sector agrario galego

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria salientou que a innovación “só cumpre o seu obxectivo cando chega ao territorio e se transforma en solucións útiles para os produtores”