Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 697 novas da área temática Consumo:

09/05/2026 | 16:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a comercialización de Artesanía de Galicia en Merza en colaboración co Taller Eferro

A Fundación Artesanía de Galicia organiza unha nova edición do evento ‘Artesanía de Galicia en Merza’ no que participarán sete obradoiros artesanais especializados nos ámbitos da cerámica, da bixutería, da cestería, do papel e do pirogravado

09/05/2026 | 11:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Oroso a comercialización da Artesanía de Galicia durante a XVIII Festa da Troita

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá a Feira Galega de Artesáns que se celebra ata mañá domingo e na que participan 13 obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia

30/04/2026 | 13:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta recoñece en Ourense a Bermello Electrodomésticos como exemplo de comercio tradicional que aposta pola dixitalización

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participou hoxe nun dos locais de Bermello Electrodomésticos na presentación de Xerme III, iniciativa que busca reforzar o ecosistema emprendedor galego no ámbito do comercio electrónico

28/04/2026 | 11:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta conciencia as novas xeracións en Vigo sobre a elección profesional sen prexuízos de xénero con exemplos do sector metalmecánico

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa participaron esta mañá no CPR Montesol nunha xornada no marco do programa ‘Que non te líen, ti elixes’, impartida por Asime

27/04/2026 | 12:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove en Santiago a conexión entre a mocidade e o comercio local a través das xincanas lúdico-educativas da campaña ‘Localízate’

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na terceira xornada do programa ‘Localízate! No teu comercio local’, dirixido á mocidade de ESO e FP Básica que, tras pasar tamén por Ferrol e Lugo, continuará en maio no resto de cidades

25/04/2026 | 15:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta en Ourense a importancia da remuda xeracional no sector artesán para garantir o futuro dos oficios tradicionais

José González destaca o apoio autonómico a esta cita referente que este ano conta coa participación dunha ducia de obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia, especializados en coiro, xoiería, bixutería, complementos ou creación con papel

22/04/2026 | 20:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia pon en valor a campaña do centro comercial aberto Zona Obelisco en colaboración co Básquet Coruña

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou hoxe na entrega dunha camiseta asinada polos xogadores do clube de baloncesto a unha das persoas que mercou no comercio local

22/04/2026 | 12:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros anima a solicitar o Bono Autónomo antes do 30 de setembro

A delegada territorial da Xunta en Ferrol puxo o foco nesta convocatoria durante a visita a Óptica A Gándara, beneficiaria desta liña de axudas o pasado ano