Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo felicita ao xeneral xefe da Garda Civil en Galicia pola concesión da encomenda da Orde de Isabel a Católica
A representante do Goberno autonómico destacou a traxectoria e a dedicación ao servizo público de Miguel Ángel García Arias ao fronte da Garda Civil de Galicia
Medio Rural acomete traballos de prevención de incendios en máis de 60 hectáreas do distrito forestal IX Lugo - Sarria
A conselleira María José Gómez comprobou hoxe as tarefas que se están levar a cabo no concello do Incio, así como nos municipios de Friol, Lugo e Samos, cun investimento superior aos 400.000 euros
A Xunta destina preto de 135.000€para os gastos de funcionamento de 69 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense
Manuel Pardo lembrou que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, destinou 370.000 euros a esta liña co obxectivo de colaborar economicamente coas AVPC nos seus gastos correntes contribuíndo o seu funcionamento
O 061 de Galicia asistiu 52 persoas por 39 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 5 de xuño ata as 23,59 horas do domingo, 7 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 50 chamadas por accidentes de tráfico
Medio Rural avanza coas mesas de diálogo co persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os incendios
Nestes procesos de negociación, iniciados o pasado mes de abril e que aínda continúan abertos, estanse abordando melloras concretas sobre as condicións de traballo dos técnicos, axentes medioambientais e bombeiros forestais
A Xunta actualiza o protocolo da Comisión de Alertas Meteorolóxicas deportivas no referido ás actividades náuticas e acuáticas
Rueda explica que se pasa dun protocolo “homoxéneo” a un que terá en conta “as características específicas” de determinadas disciplinas