Actualidade
Buscador de novas
Martina Aneiros pon en valor as medidas da Xunta para protexer a biodiversidade nas dunas de Doniños, A Frouxeira e Vilarrube
A delegada da Xunta en Ferrol deu conta das actuacións durante unha visita ao areal de Doniños, onde se instalou unha nova ponte e un novo tramo de pasarela
A Xunta e o Concello de Mos destinan 273.000 euros á ampliación da senda fluvial do río Louro que este ano foi recoñecida coa Bandeira Sendeiro Azul
Ángeles Vázquez explica que o obxectivo desta actuación é ampliar esta senda ata os cinco quilómetros de forma que se permita o acceso ao río desde a contorna do parque empresarial da Veigadaña
A Xunta destaca o potencial de Galicia para ser un referente na reutilización de baterías de vehículos eléctricos, un sector clave na transición ecolóxica
Ángeles Vázquez explica que desde 2024 a planta pontevedresa desenvolve un proxecto piloto e pioneiro en Galicia que permite desmontar e analizar cada cela de ión-litio para aproveitalas na fabricación de novos sistemas de almacenamento
A Xunta realiza labores de conservación fluvial en máis de 1 quilómetro do río Magalofes e do regato Foxas, en Fene
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante catro semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta destina os 3 M€ da liña competitiva do Fondo de Compensación Ambiental a máis dun cento de proxectos de entidades locais
O Diario Oficial de Galicia publica as iniciativas presentadas polas entidades beneficiarias, unha ducia delas promovidas por mancomunidades e consorcios, 16 por agrupacións de concellos e 80 proxectos de concellos, para accións a prol da biodiversidade, do coñecemento dos recursos naturais, da recuperación da contorna e da eficiencia enerxética
A Xunta e Circularis avalían vías de colaboración en materia de xestión de residuos
Ángeles Vázquez incidiu no compromiso do Goberno galego de apoiar os concellos para que melloren a xestión dos seus residuos para avanzar no cumprimento da normativa estatal e europea nesta materia
Ángeles Vázquez salienta o traballo dos centros de recuperación de fauna silvestre da Xunta e incide na importancia da colaboración cidadá na conservación e protección da biodiversidade
A conselleira lembra que en caso de localizar un animal ferido, non debe manipularse e cómpre avisar ao teléfono 112 ou aos axentes ambientais da Xunta para que sexan os profesionais os que coordinen a súa recollida e traslado
A Xunta dá luz verde ambiental ao cambio de uso de solo forestal a agrícola de varias parcelas para o plantado de kiwis no concello de Ribadeo
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre e cando se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións a un campamento de turismo en Malpica de Bergantiños
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada